ARTE ET ALIA
XABIER LIMIA DE GARDÓN
Esta obra relelaborouna, segundo confesou, durante uns quince anos... |
'Retrato apócrifo de E.B.A.', 2014. |
Para as 'Esencias', nas que estivo a traballar nos últimos dous anos, prefire o pintor expresarse co óleo. Abstracción suxestiva, con unha vena de cromatismo intensa, en bandas de cores por veces xeométricas, fragmentarias outras, na busca do equilibrio interno da obra que, para íl, será como poemas ou capítulos de libros.
Nunha entrevista falaba de ‘facer e desfacer’, para logo aludir ao mito de Sísifo, pois nalgunha delas ten traballado anos... Hai aquí algo da intensa impresión que lle produxo unha viaxe á Marrocos a finais dos anos noventa.
O seu eco puidemos velo
tamén en Nicolás González Aller, noutra mostra na mesma galería, cando chegaba de África logo dunha prolongada estadía na Côte D'Ivoire. |
Hai en Catoira un hermetismo implícito no desenrolo das formas e planos, que ten moito de catarse, e historia persoal.
Así a de Manuel López González de Cudeiro (Ourense, xuño 1947), quen querer alcumarse ‘Catoira’ dende a impresión que lle produce un artigo de Xosé Fernández Ferreiro cando escribía do desembarco dos viquingos en Catoira (Pontevedra).
A referencia do coñecido xornalista e escritor de Nogueira de Ramuín, que morreu fai pouco, colócanos na dirección axeitada para abordar a outra metade da mostra, 'os Biosbardos', dende o libro de contos homónimo de Eduardo Blanco Amor.
No primeiro deles lemos ‘Biobardo vente ó saco que eu te agardo e son Leonardo’: coa inspiración neste conto, e no de ‘Serafin e as musarañas’, argalla un ‘bestiario’, seres traxeados e gravatas, con cabezas dobres, que nós podemos ver duais mais que son así, elegantes como Blanco Amor, e coa cabeza chea de andrómenas. As clases de Luciano Cárcamo, e tamén 'Xesta', presentes no emprego do lapis é a liña, e a fantasía do seu maxín no colaxe, coa que fai poesía.
Nesta vertente súa pódese mencionar o poemario ‘Ópera aberta’, do que gustou Manuel María, o que lle da creto.
Nesta vertente súa pódese mencionar o poemario ‘Ópera aberta’, do que gustou Manuel María, o que lle da creto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario