domingo, 28 de enero de 2018

Tamara Wassaf desde el OF35


XABIER LIMIA DE GARDÓN
A exposición foi mencionada neste artigo
ARTE ET ALIA

Na Rúa do Paseo, Tamara Wassaf, artista arxentina que desenvolve no Espazo de Arte que ten a tenda de moda de RV (RobertoVerino), nunha vistosa proposta na que mestura fotos e telas con unha vizosa e teatral posta en escena.
Vista do Espazo de Arte no soto da tenda de roupa...
                        Así el reportaje en Telemiño









A artista co director do Outono Fotográfico 35, Xosé Luis Vázquez.

En la oared lateral con el título de la muestra ...

Y en la Pared frontal, o de entrada:

Este é o tríptico impacta no pequeno recinto... Unha  acaída  proposta para una tenda de moda...


lunes, 22 de enero de 2018

FERNANDO CASÁS EN ALTERARTE


ARTE ET ALIA
O artigo na web do diario La Región. 22.I_18
XABIER LIMIA DE GARDÓN



                                  Fernando Casás, capturando o tempo


'Muy pronto en mi vida fue demasiado tarde. A los dieciocho años era ya demasiado tarde. A los dieciocho años envejecí’. Comeza así, deste xeito deprimente, ‘L’Amant’ de Marguerite Duras. Este é o poder das experiencias. Eis unha percepción do tempo a escala persoal e transcendente. Outra é a da Terra, que tamén envellece, e desgástase, por máis que poidamos coincidir coa poética dos Eidos de Novoneyra de ‘aínda é nova a terra’, unha mirada dende o lado optimista da vida. Mais ignoramos os síntomas das feridas que lle estamos a infrinxir coas agresivas accións industriais, mineiras, a dilapidación enerxética e explotación alimentaria.


Hai artistas como o pontevedrés Fernando Casás (Fernando Estarque Casás, Gondomar, 1946), que veñen alertando, dende fai anos, décadas, no seu caso, de que o tempo da Terra se está a esgotar. Dende Brasil onde viviu e traballou, como tantos galegos do sur da Comunidade Autónoma desenrola como un pioneiro do que logo se denominou Land Art, ou Earth Works/obras da terra, coetaneamente a Richard Long, Walter de Maria e Robert Smithson, unha preocupación artística pola natureza.

En 1989 acada o Premio Ibeu en Río de Janeiro con ‘Amazonas, Serie Negra’, ano no que regresa a Galicia.

Longa noite de pedra, Terra, Granito e pidras erosionadas. N. Friburgo, Brasil. 1981-82. Achegase ás súas raíces galegas, e fai unha serie dende o poema de Celso Emilio Ferreiro Míguez.
O artista de conversa con Buxán. A carón de Despois de Marte,
ramas árbore con pintura fosforescente, 2016.
Da man de Xº Antón Castro Fernández, como comisario artísticohega a Ourense co proxecto Estado Crítico do profesor Xº Manuel Buxán, que remata con esta exposición a súa terceira tempada.

Así mergullados como estamos nun labirinto informe, unha amálgama na que a paisaxe é duración, pois temos memoria, o artista partindo do tema da destrución do mundo quere construír un proxecto para vivir a posteriori, consciente do esgotamento do planeta, un tema sobre o que está a traballar desde 2005.




E dende esta inquedanza, o artista fai esta mostra, ’Materia desvelada’, con catro pezas como situacións creadas polo propio tempo, que envasa para nós, con unha idea da arte como transcendencia. Céntraa 'Depois de Marte', unha escultura arbórea formada por ramas recubertas de pintura branca e fosforescencia, obra magnética que é para as outras obras como o efecto doppler, o fluxo da auga que arrodea un cisne.

Fai con ese título un tríptico de pintura e fume sobre madeira, sendo a terceira tres secuencias fotográficas de 'asteroides', que son en realidade ‘Batatas’, alimento americano que tanta fame ten quitado en Europa nos séculos XIX e XX, produto culinario base hoxe na gastronomía europea.

Depois de Marte / B1, B2, B3.
Tríptico. Pintura y humo sobre madera. 40 x 70cm. cada módulo. 1993.

Velaquí o ascenso do humilde tubérculo a categoría, cerne vital, metáfora da vida. A cuarta das obras son os negativos que soterrou na casa do seu pai cando regresou do Brasil e recuperou vinte un anos máis tarde, co que con estes 'Fantasmas revelados' nos pon diante da acción temporal da terra en clave numerolóxica, tres veces sete.


O que se mantén, e o que se esvae, neste resto arqueolóxico seu.

Árboles como arqueología, Huesca.
'As árbores como arqueoloxía', nos Monegros, Huesca; e a 'Memoria do río', escultura de troncos en bronce con árbores vivas, praza que deseña en Pontevedra son suxestión e lección...


Memoria do río, Pontevedra, 2006. En memoria dos mortos pola liberdade...


sábado, 20 de enero de 2018

'Rojo Sache' traen a Ourense DAI



O cartel da mostra. Dende mediados do mes
de Nadal ata mediados de xaneiro...


ARTE ET ALIA


XABIER LIMIA DE GARDÓN




Agora que remata a expo da parella artística 'Rojo Sache': Rosa Isabel Vázquez e José Antonio Fernández, premiado dúo que vive fóra de Galicia, e que finalmente visitaron a súa mostra 'DAI' pouco antes de Reises no marco do Outono Fotográfico 35, que se centrou na temática da 'Descrenza!.










Pormenor da mostra...


Na sala 0 da Deputación, co vicepresidente da mesma Rosendo Fernández, e o director do OF, Xosé Lois Vázquez, os fotógrados amosan a súa mostra, semanas despóis da súa inauguración, que non puideran desplazarse...


Recreación de famosos crimes, mais
coa paisaxe sempre presente... Suxerente 



martes, 16 de enero de 2018

LUIS ESTÉVEZ, ESCULTOR, E LAZCANO, PINTOR, EN VISOL


ARTE ET ALIA

Así o artigo na web de La Región

XABIER LIMIA DE GARDÓN


As femininas madeiras de Luis Estévez e as sobriñas de Lazcano, xa no escaparate.

Abríanse as portas desta exposición arredor das datas do Nadal. Había na sala un ambiente de vernissage arredor de Luís Estévez Estévez e José Manuel Lazcano Nóvoa, os artistas, que departían cos seus amigos, e visitantes, atendidos polas galeristas. As conversas arredor das esculturas de Luís e as pinturas de Pirucho Lazcano ían e viñan, como o viño e os petiscos, e os pasos se achegaban e as voces subían ao tempo que as miradas se pousaban nas obras, nuns e outros... Nesa altura da tarde arrancaba outra exposición, oficial, solemne e compacta, con autoridades civís, protocolo de discursos e dispersión cara as rúas. Son os camiños das ilusións, cos contrastes á vista. A arte de inaugurar, a arte das inauguracións.



Lazcano pinta as ‘sobriñas’ dos artistas que ama, a de Goya, as de Matisse posando espidas, e tamén outras, alquimista, retadora, con sombreiro ou co neno, máis recatadas, e tamén a ‘sobriña en flor’ e a ‘Portugheisa’... Destilan elas, acrílico e pigmentos sobre táboa e paspartú, a ironía e facundia do joie de vivre. Esta ledicia vese doutro xeito en ‘Mujer en rojo’, acrílico con pigmentos y ceniza (sic), obra de fai anos enigmática e faladora a un tempo. Mais as contrastadas cores do seu matizado Expresionismo afástanse do Informalismo, polo que transitou dende a sombra de Leopoldo Nóvoa.






Puidemos velas fai uns anos na CEO-Ourense e no Municipal, as súas máis amplas mostras, mais adoita expoñer dende fai lustros con Estévez. Así na Fundación Galicia-Europa, en Bruselas, en 2009 ou na Casa de Galicia en Madrid, con catálogo prologado por José Platero. E Coimbra, ou Ponte de Lima, onde se teñen encamiñado ademais de Visol.




Luís é de Pereiras, Entrimo, singular terra fronteiriza con Portugal, un espazo que é un mundo, con emocións e impresións dunha idiosincrasia propia, carácter que a raia aporta. Na galería de arte amosa Estévez obras recentes, bustos e esculturas de fino porte e angulosos rasgos, figuras femininas todas que se apoderan do espazo da sala dende o centro e colonizan os seus recunchos. En pedestais sen función xerárquica, coloca as pezas de madeira, castiñeiro e nogueira, de afiados rostros, que gañan masa e corporeidade respecto das anteriores obras fusiformes, como ‘Oestrimnia’ I e II, en contraste cas de agora, mulleres novas de bustos rotundos. Todas femias e mozas, unha delas a ’muller anversa’, outra ‘Oriunda de Orion sen tetas’, e hai unha ‘Ilustrisima señora’.

Natural de Castro Laboreiro e cadro de madeira e cuba


Mais o peso é o da terra, como se deixa ver nas dúas Festa en Lindoso, Natural de Castro Laboreiro e nomeadamente María Concepção de Penedo e Nunes. Técnico vitivinícola dende a súa licenciatura en Bioloxía, e dende este pouso profesional de Luís aboian os ‘cadros’ en madeira de cuba. Outra novidade desta volta é a cor no cabelo, os cordóns e a peluxe que fan destacar a feminidade deste Soño vello e viño verde, como titula outra obra.

Os dous conveciños de San Lorenzo de Piñor, e amigos, tráenos a súa poética plástica, que tamén une o viño, dende o rebordo do val ourensán.a



domingo, 14 de enero de 2018

A viaxe dos Magos

'... Por entonces unos sabios de oriente se presentaron en Jerusalen, 

preguntando:
-¿Dónde está el rey de los judíos que acaba de nacer? Hemos visto su estrella en el oriente y venimos a adorarlo.' (Mt., 2, 1)



Los Magos siguen la 'stellum', Breviario de Cambrai, Francia, 1290, Koninklijke Bibliotheek, La Haya.



'... advertidos en sueños de que no volvieran donde estaba Herodes, regresaron a su país por otro camino' (Mt. 2, 12)



En el "Atlas catalán", Mallorca, 1375, realizado por el cartógrafo Abraham Cresques y su hijo Jahuda. Biblioteca Nacional de Francia, París, al temple, con oro y plata.




miércoles, 10 de enero de 2018

O soño dos Magos e a mensaxe de Deus co Arcanxo (unha viaxe imaxinaria)

Desde o tímpano da portada occidental da catedral francesa de Saint-Lazare de Autun, Francia...









'Gislebertvs hoc fecit', 
ca. 1120-30, 


O Arcanxo, con delicadeza, toca a un deles, para comunicarlles a Mensaxe que ten que ver co 'Stellum'. 
Maxistral. Tivo o seu eco en moitos capiteis e manuscritos...


Outras imaxes:
En SANTIAGO DE AGÜERO, HUESCA, maestros de S.Juan de la Peña
y Sto. Domingo de Silos. 
En SANTO DOMINGO (antes Sto. Tomé) de SORIA, fines XII / XIII,
tercera arquivolta (tras los ancianos músicos del Apocalipsis
y Matanza Inocentes), donde narra la infancia de Jesús.
Iglesia de Santiago, Villafranca del Bierzo / León, portada del Perdón
En el Baptisterio de Florencia, mosaico... 

                                        En un Salterio, s. XII, British Library, Londres.


                                     Del Libro de Horas de Taymouth (Escocia), ms. S. XIV.










Basílica de San Vicente, Ávila, en el maravilloso cenotafio de estilo Gótico, véase aquí, en un lateral, parte de la sacra historia que se representa en el frontis principal...











En este Salterio en la British Library,  S. XII, ambas escenas se hallan unidas: