|
Posado para a historia real dunha excavación doutrora: Castromao. |
Dende finais do século XIX ata os anos 70 do pasado século é o marco temporal que abrangue ou, o que é o mesmo, dende
Marcelo Macías, presbítero e caldeirádego de Retórica e Poética, morto en 1941 case con cen anos, pasando por
Arturo Vázquez Nuñez (+1907), e o enxeñeiro de camiños
Díez Sanjurjo, quen estivo en Ourense ata 1910, pioneiros todos.
|
Cuevillas e Ferro Cousello, entre outros, no levantamento dos restos da nai do
Xeneral Sanmartín en Santa Eufemia, 1946-1947. |
Con
Xesús Ferro Couselo (+1975), arquiveiro de Facenda, nace o Arquivo Histórico en 1943, sendo director do Mº cando por estes mesmos anos deixa de ser Pazo do Bispo.
Laureano Prieto (+1977), mestre, e
Xesús Taboada Chivite (+1976), técnico de telégrafos e licenciado en filosofía e letras,
Rubén García (+1980), médico en Ribadavia,
Francisco Conde-Valvís (+1985),
Manuel Chamoso Lamas (+1985),
Xoaquín Lorenzo (+1989) e a sobranceira figura de
Florentino L. Cuevillas (+1958), funcionario de Facenda, e pai da arqueoloxía científica en Galicia.
De todos hai información relevante nas paredes, acompañada de fotos, algunha delas, como a deste último con Risco en Castromao. Todo para contextualizar as pezas.
Así a
Ara de Calpurnia Abana, achada preto das Burgas, ou a
Tabula Hospitalis de Castromao, ámbalas dúas do século II d.C., ámbalas dúas símbolos para Ourense e Celanova, respectivamente. Así tamén o
torso de guerreiro do castro de Armeá (Sta. Mariña de Augas Santas) ou a arracada de
Vilar de Santos, peza de ouro, que pasou ó Museo en 1979, cando rematabamos a carreira, e
Bieito Pérez Outeiriño, compañeiro nos primeiros anos, estaba a estudala, investigación que viu a luz como o primeiro dos Anexos do Boletín Auriense.