sábado, 23 de marzo de 2013

Monográfico de Raigame para Díaz Pardo


A Deputación de Ourense presentou o número 37 de Raigame, na que colaboro, desta volta de novo. A Revista de Arte, Cultura e Tradición Popular que aquela edita está dedicada a Isaac Díaz Pardo, figura relevante e sobranceira da cultura e artes de Galicia, un xeito de conmemorar dende ela -ten unha periodicidada bimestral- o seu falecemento fixo en xaneiro un ano.

A flanquean os políticos dostendo o traballo... 

No acto, o presidente provincial, José Manuel Baltar, louvouno sinalando como "dedicou a súa vida a traballar a prol de Galicia (...) sendo un galeguista militante, dentro e fóra da nosa terra, espallando as inquedanzas culturais do pais aló onde a súa prolífica vida profesional e artística o levou".

A directora da revista Mariló Fdez. Senra, sinalou que os textos son de Emilio Rdez. Portabales ('Camilo Díaz Baliño e o coro de Ruada').

Xosé Ramón Fandiño que trata a súa cronología, que ademáis comenta en "Os ángulos da luz e da memoria".
Felipe Senén: "As industrias da memoria".
Silvia Longueira: "Isaac Díaz Pardo + Luís Seoane, unha coincidencia inevitable" e o celebrado escritor Xosé Neira Vilas: "Con Isaac Díaz Pardo en Buenos Aires", rematando coas "Palabras" que pronuncióu no cemiterio santiagués de Boisaca o 6 de xaneiro de 2012, cando foi sotrerrado o ilustre galeguista.

Pola nosa banda fixemos un a modo de ensaio
dende a arte, buscando relacións entre as súa pinturas con figuras espidas e o tempo da Ditadura. O seu título é "O que revela o espido na pintura de Díaz Pardo (evidencia dun sentir nos tempos do franquismo)".


jueves, 21 de marzo de 2013

Nace ARTE MUD en Allariz

                                       NACE 'ARTE MUD' (arte en Risco)'
                                [Vicente, of course!: Allariz foundation, claro]


Sula Repani: "Pruno"
Son os Artistas: Miguel Carballo, Manolo Figueiras, Xavier CuiñasAntonio SoriaSula Repani, Raúl Diniz, Jorge Varela, Javier VarelaXaime PiñeiroEva CasadoSeo.

Obra de Xaime Piñeiro
E comezan con unha exposición conxunta -por descontado-, que leva un manifesto ad hoc e sen poses que é un antimanifesto, é dicir, 'a modo de presentación'. 
                                                        (vide infra: as cores e os sangrados son meus...)

 
     CICLO DE EXPOSICIÓNS 'ARTE EN RISCO' 22 MAR(ven) -21 ABR (dom): ARTE MUD.

Seo: "Serenas tardes da antigüidade" (no ar de Paul Klee, e...).
Seo, Karballo e Figueiras, tres dos artistas, na exposición destes dous en Visol o pasado día 8, venres. 

                                   ARTE MUD
                PROTOCOLO DE EMERXENCIA PARA ACOMETER MUÍÑOS. 
                            (A modo de presentación, SEN MANIFESTO) 
                                     __________________________

                           Maré Arte Mud? Mud Dadá? Maëlstrom xirando? 

Xira-xira, engule ironía, humor, tranvía, xiratoria saudade, crítica -política, cultural, artística-, reflexión, compulsión. 

aS vOCES vISITADORAS SEMPRE oBSESIVAS, a infinita calma de alomenos unha décima de segundo. 

                            Nós: inadaptados, inadaptábeis? 

O xinete azul caeu do cabalo / O cabalo voou polo chan. Equs Mud? Mud Danza? Figuración, Simbolismo, textura, tactilidade, a guerra, a espada, o tendón de Aquiles, os guerreiros de ARMEÁ, un CASTRO, aquela paisaxe, a túa infancia, lembrarse. 

                            Mic Mud? Mud Mur? Mud Show? 

Buques trasatlánticos, veleiros mediterráneos, piraguas baixo as pontes do Arnoia... Grecia, Sudamérica, Galicia. A nube, o Sol. 

Esencialidade, ensoñación, construtivismo, concepto, intuición... 

Unha PORTA, unha PONTE, unha NAVE? EQUIPO, GRUPO, BANDA MUD? Fluidos ou reticentes, acovardados ou salvaxes? 

Grande roda da noria, unha montaña, Rusia. Círculos. 

“A actividade propiamente metafísica desta vida”? Un pretexto para o xogo sen fin? 

Mito, Cosmos, Abstracción, Oriente, o Carnaval, o Océano, os Atlantes, a Auga. 

Pureza, idealización, esquematismo. 

Arca, cofre, EXPLOSIÓN MUD? Filosofía, Poesía, Materia. O animal. A identidade de barro. Des-estruturas. Más Mud? Conglomerados? Ramificación, expansión dendroide? Que di o son do martelo de Hefesto? 

                                              Di Mud? ARTE MUD!

                                              Veñan, pasen, vexan !!!

Miguel Karballo: "Lectura", fresco acríl. s./lenzo

martes, 19 de marzo de 2013

Miguel Karballo: o sabor da auga (e 2)

Pero Manolo é Figueiras, mais Miguel non é Carballos senón Karballo.


Duro, e rexo, con incontinente verbo profético, laborioso self made man galaico de pura caste, auga fresca do regato montesío da contorna que baixa do monte da Martiñá ata Baínte, paradigmático castro que retrata no pasado outono nun dos frescos-acrílicos-táboas da exposición. 

En toda ela hai un deliberado rexeite da figura humana, apenas presentida nalgúns dos fumes que saen dos pequenos hábitats que divisa dende o cumio escollido no que olla. A topografía deliberada é case a esencia dun sentir, mundo no que aínda acredita, malgré lui. 


Pois aínda que nos mira con faciana de tristura agarra un carballiño e os peixes nadan encima da cabeza. Cos pés na terra, entre as follas, este ‘bárbaro en Atenas" (cómo se chamou nun libro seu cando foi á terra da súa compañeira Sula Repani), nos alecciona. Agora ben de presentar ‘A rota dos gansos’, a súa novela de iniciación e formación polos camiños da vida..
Portada de 'A rota dos gansos', único cadro figurativo da exposición conxunta con Manolo Figueiras.



Manolo Figueiras:o sabor da auga (1)

Paul de paseo (1)

A importancia dos feitos expréxase no ámbito cotiá, os xestos falan, e así o atento observador se vai decatando do que é, en verdade, valioso. Eis o ar, e a auga. O sabor desta é o da vida pois leva engadido o do coñecemento. Ule e percibe: fermosa metáfora a de ‘saborear as ideas’. Sabor-saber. Así se está a confirmar dende a inauguración de Miguel Karballo e Manolo Figueiras co seu proxecto expositivo ‘Entre Figueiras e Karballos’, na Galería Visol. Uns cadros-bandeira aluden á súa imaxe natural, de pé: son eles, espidos, diante de nós, e así se presentan, espello e símbolo á vez, sen trampantoxos, nun tema de grande fondura metafísica dende finais da Idade Media. Miguel e a natureza, contemplada e descrita -‘vista dos meus ollos’, precisa- dende o cumio dun monte ou diante dunha árbore, á que abraza pintandoa. Manolo e as paisaxes mentales, nunha reelaboración espacial e ideática, que conforma o fondo dun dicir, no que o artista ve a Cézanne contemplando o seu mundo que limita coa súa amada montaña de Sainte Victoire. Mais son eles os espazos onde suceden cousas: hai que abrir ben os ollos.
            
Paul de paseo (e 2)
Porque a referencia cotiá de Manolo Figueiras é o límite da terra, co mar entrando pola ría de Pontevedra ata Combarro, o que non o circunscribe ata atalo, mais a dicotomía das árbores queimadas ou con froitos semella utilizala como un código binario, sendo outro dos seus fitos recurrentes ese home sombra que insire on road. Esta presenza é comunicativa dunha dialéctica persoal, como nesa obra na que reflexiona, rodeado de obras artísticas, entre unha dona e un dos seus amados gatos, sobre a acción mental confrontada coa figura lonxana dun home cun sacho. Un plantexamento vital, de proxenie culta, expresada nun ar barroco entreverado da lección de Rousseau, Le Douanier


Así as pezas de Eurídice, Ariadna ou Dafne: esculturas broncíneas éstas a modo de parlante medalla renacentística, abano dun mundo non exento de ironía.

Ariadna (anverso/reverso)


sábado, 16 de marzo de 2013

Ramón Conde in Hejduk site (Compostela: Cidade da Cultura)




                   'Emoción-Razón: a gran dualidade', é o que quere expresar Moncho Conde...



              Inaugurada o 7 de marzo, xoves, estará exposta ata o 9 de xuño, domingo.








Unha idea expresada en tres partes, coa ambivalencia fóra (aquí está a novedade: home que emerxe do chan cara o home-porta) / dentro (en ámbalas torres: introspección).

O artista reflexiona sobre o papel do líder, da ideoloxía.

A exposición desenvolve a idea expresada hai uns meses na do Centro Cultural da Deputación de Ourense -e antes: home que se columpia no rúa do paseo fai unha década-, da que recupera obras (e concepto que xa vimos aquí), pero amplificado e adaptado ao locus montuoso. 


As fotos foron tiradas por Manuel G. Vicente
Mmmm...



jueves, 14 de marzo de 2013

Desde el dolor (y la esperanza) ante el fallecimiento de mi madre

Hoy, con mi madre de cuerpo presente, y a punto de enterrarla en su amada Cea, así me siento (aunque sin hoja): como estos dos artistas sobre cuya exposición en Visol estaba elaborando varios post desde comienzos de semana...

Auto retrato (o así). Manolo Figueiras pinxit.
Idem. Miguel Karballo pinxit.
Son dúas das obras da exposición conxunta  "Entre Figueiras y Karballos", Galería Visol, Ourense.

Mañá presenta alí ás 20.30 e seu libro "A róta dos Gánsos". A obra se engade a "Un bárbaro en Atenas (a fé no enbigo do mundo)", 2002; e "Socioeconomía Humanizada", Obradoiro de arte Tamallancos Edic., 2011, que ten dado a coñecer en edic. limitadas.

Haberá un coloquio sobre a novela con Sula Repani (pintora, parella do artista), Lorena Vidaurre (lic. Dereito), Antonio Soria (pintor), Patricia Figueroa (profesora Filosofía), Marga Seara (profesora Grego clásico), Antón Fernández Seoane (profesor filosofía), Fabio García (informático) e Manolo Figueiras (pintor e profesor), quen fará ademáis de moderador.

domingo, 10 de marzo de 2013

Jerusalén por Delisle (algo más que un comic)


Crónicas de Jerusalén ha llevado el Premio al Mejor álbum en el Salón Internacional del Cómic de Angoulême 2012. Una inmersión en la realidad de un año a modo de cuaderno de viaje.




Y ahora en français !

                                                        Enténdese, non si (máis alá do idioma)?



El autor canadiense (Quebec, 1966) vivió un año en Jerusalén con sus mujer e hijos (ella trabajando para "Médicos sin fronteras"). En 2011. Es la evolución del sistema empleado con anterioridad en Birmania, 2008. Para más información puedes ir a su página virtual:

viernes, 8 de marzo de 2013

Fen Mugüerza, Zulema Sánchez... exposiciones de mujeres


 Encarna (Fen) Pérez Mugüerza
sala de la Casa de Cultura de Barbadás.  Desde 'Vestido', cual totem, con pies...
Foto para el cartel: Encarna (Fen) Pérez Mugüerza

















Fondo de Almario by Cachito Álvarez, Anamusma y Zulema Sánchez, en el Centro Cultural da Deputación. Ata o 31 de marzo. Las tres están asimismo este mes con un proyecto del mismo título en la Sala de Exposiciones del 'Centro Infanta Cristina' del Ayuntamiento de Pinto / Madrid.
Queer bag, 2011, de Ana Musma





                  Nos fijamos en Zulema Sánchez, quien desde materiales más sólidos que aquellas -quiénes utilizan telas, tejidos, que explicita desde el ámbito textil el universo femenino multisecular- muestra un decir plástico más nítido. Sin duda porque es pintora y escultora, siendo la suya una técnica mixta sobre hierro y aluminio. Piezas de pequeñas, diminutas en tamaño, trabajadas con esmero, que coloca colgadas, como macetas, o en la pared, a modo de cuadros.

De Zulema Sánchez

mmm




martes, 5 de marzo de 2013

Disfraces que non o son tanto (Paco López-Barxas)

Acabo de ler -e contemplar- o libro "Os tesouros da illa de Granellandia", do escritor Paco López-Barxas ilustrado con debuxos do gran artista Eugenio F. Granell. Coeditado por El Patito Editorial e o Consorcio de Santiago, fíxose co gallo do centenario do nacemento do artista compostelano (1912, A Coruña / 2001, Madrid), cidade na que hai unha Fundación que leva o seu nome, no chamado Pazo de Bendaña, na Praza do Toural (sic).

Trátase da "historia de los tesoros descubiertos en la Isla de Granellandia, a través de un viaje de ida y vuelta en la cometa del surrealismo, propulsada por un vendaval de sueños".Un cuento "de amor, pasión y poesía", segundo se expresou na presentación, tal como se le en ECG, o 7.12.12.

Un agasallo do autor, e unha lectura emocionante texto e imaxe dun artista singular de raiceira galega.


En correspondencia, como agasallo meu, velaquí unha curiosa foto publicada na prensa (La Voz de Galicia) con gallo do xoves de comadres en Verín, no pasado entroido.




Dramatis personae: O que fai de cardeal (Richelieu?) é D. Francisco López Rodríguez / alias Paco López-Barxas (por Ponte Barxas, A Pontedeva). O mosqueteiro que rende pleitesía é o bardo escritor de novelas/e/escribidor daquel mencionado xornal, o verinense Xosé Carlos Caneiro.


López-Barxas, outrora  director de “Xornal Diario” en Pontevedra, e responsable de comunicación del Consorcio de Santiago, redactor xefe de informativos da Televisión de Galicia, entre outros recorrido público (Grial,...) é autor de libros sobre literatura e contos infantís. Foi tamén Director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos en Xunta de Galicia, intitución á que segue vencellado nun cargo institucional...




domingo, 3 de marzo de 2013

No contexto cultural pangalaico


Stéphane Hessel, faleceu nos derradeiros días de febreiro. O seu libro "Indignádevos", serviu de inspiración para as protestas masivas madrileñas dos "15-M" e tamén en Grecia. A lectura doutro libro ‘Algo va mal’, do pensador Tony Judt (1948-2010), no que rexeita o neoliberalismo e o modelo económico, social e moral que temos dende os 80, onde se pregunta “¿cómo podemos enmendar el haber educado a una generación obsesionada con la búsqueda de la riqueza e indiferente hacia tantas otras cosas?”, pode ser axudar a cargarnos de razón e ao mesmo tempo servir de homenaxe. Contra o individualismo, o descreimento e o cinismo.

Neste contexto, dalgún xeito, está na nosa casa X.L. Méndez Ferrín -grandísimo escritor- e o conflito na /coa/dende a Academia. Tempo de vacantes, en máis dunha cátedra que a da Real Academia Galega como (cfr. a viñeta de López)...   


                                         Na literatura o noventa por cento
                                         deberían ser silencios.
                                         Ou páxinas en branco.
   
                                          (Kiko Neves, en Ruído de motos).