O ourensán Xavier Cuiñas foi o artista escollido para inaugurar o novo espazo da Galería Metro en Santiago, na Praza da Quintana, 3, o que sempre é unha gabanza, ademais dunha aposta estética.
'Volainiña', 2013, castaño e arame de aceiro. 60 x 50 x 35 cm. |
O título é un aceno ao cartógrafo Domingo Fontán. Rodríguez (Portadeconde, Portas, 1788 - Cuntis / 1866), un dos representantes galegos da Ilustración decimonónica: matemático, político y topógrafo, que fixo o primeiro mapa científico de Galicia.
Son as obras creadas no seu obradoiro de Allariz unha conxectura espacial dende o arame de aceiro como material, a fin de crear espazos que poidamos ollar, e desfrutar, que opera neste escultor como o silencio no eido musical.
A madeira de buxo reflicte o restroballo, que sempre queda, pois todo fala de todo.
Na CRTVG foi Entrevistado e tamén Mon Santiso visitao na súa Casa-Atelier, onde se ve ao artista facendo unha das obras...
E na sala locía así (fotos tomadas da .net)
No hay comentarios:
Publicar un comentario