Mentres, no día anual da festa, colocáronse pola mañá os 'maios' nas rúas de Lamas Carvajal e do Paseo que arrecendían baixo a chuvia a fiunchos, carrabouxos, xestas, e outras prantas de tempada, obras colectivas presentadas a concurso nas categorías de Enxebre e Artístico.
Esta última categoría non ten sentido pois tanto o modelo tradicional como os demáis son artísticos. Vai sendo hora que se faga unha chamada de atención severa neste senso para que se comece a denominar Maio libre. Sen máis !.
Neste punto nos aliñamos a carón de Vicente Risco, segundo o deixou expresado dende as páxinas de La Región en 1962.
Os distintos colectivos participantes presentaron tamén as tradicionais coplas poéticas de ton sarcástico e temas actuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario