Miro Vázquez Naval gañou con "As voces da saudade" o 'Premio cidade de Ourense' na edic. de 1998, publicado con debuxos do artista Xosé Luís de Dios.
Agora en 'As luces de noutrora' (Espiral maior, A Coruña, 2010, col. Poesía, nº232), pequeno volume e gran libro do mestre das matemáticas e da poesía acompañouse do artista César Prada, quen fixo as ilustracións mais para a portada foi Isabel Pintados, elección da editorial.
PERO É TEMPO QUIZAIS XA PARA NADA
nestas horas de brétema e fastío;
se puidera o horizonte fuxidío
pola senda perdida encamiñarnos.
Se nacera unha viva labarada
desta cinza do tempo consumido;
se nos charcos do soño esmorecido
non caera esta folla desalada.
Pero é tempo quizais xa para nada.
Nada queda na tarde aterecida,
salvo fume no vento e frialdade.
Nada queda na ausencia desolada.
Tan sequera unha lúa compartida
ilumina esta fonda escuridade.
Esta era a portada que tiña pensado que levase a obra |
Neste seu penúltimo poemario -que xa ten listo para publicar en castelán-, amósanos unha “preocupación do autor pola pegada do tempo no discorrer da existencia” segundo Víctor Campio, o seu prologuista. O tempo flúe, e tamén a súa reflexión existencial, para iluminar o incerto presente.
Rilke, Rimbaud, máis tamén Gamoneda ou Antón Tovar -o poeta limiá-, aparecen nos sonetos.
Arriba incluímos un dos seus sonetos coa ilustración correspondente do libro.
Na foto Miro está na Ínsua dos Poetas (Irixo) no verán pasado. Chovía...
No hay comentarios:
Publicar un comentario