O "Pergameo de Honra", que anualmente concede a Fundación Pedrón de Ouro, foi para o pintor e grabador de orixe ourensán, residente dende hai anos en Madrid, Enrique Ortiz.
O premio foi entregado na casa Rosaliniana da Matanza (Padrón). Nas súas palabras a presidenta de 'Nova Escola Galega' desexou unha educación pública, de calidade e en galego "motor da nación soñada", no canto de recoller o 'Pedrón de Ouro' concedido a este movemento de renovación pedagóxica (dende fai 29 anos). Para ela as decisións da Xunta limitan "o dereito á educación", e denuncióu a "privatización progresiva" da educación. A Fundación que preside Xosé Ramón Fandiño contou coa escritora Fina Casalderrey, para a loa dos premiados.
O pintor ourensán-arousán Enrique Ortiz Alonso (Ourense, 1934), ó que lle deron o Pedrón de Honra, é un dos grandes no seu campo artístico preferente, o do gravado. Xa en 1977, con motivo do Milenario de San Rosendo, dende o Museo Arqueolóxico, e os seus colaboradores, o Grupo Marcelo Macías, puideron promover a edición dunha estampa (100 exemprares), dende o gravado orixinal que estaba no Museo, facéndose a reproducción no Taller Estudio de Grabado dedo mencionado artista. A obra orixinal, un gravado a buril de 1799 é obra de Gregorio Ferro Requeixo (1742-1812) e Juan Moreno de Tejada, aquel un das figuras da pintura histórica galega.
O vello mestre ten colaborado en empresas variopintas como a capa do disco de Miro Casabella "Ti Galiza" en 1977. Aquí pódese ver entre outros persoaxes a Francisco Franco...
O artista presentou no Simeón en 2001 unha mostra de óleos e gravados 'Una aciñeira para soñar', con un catálogo que leva dous fermosos textos, un deles do mestre Xosé Luís de Dios, gran pintor ourensán morto fai poucos anos.
O pintor ourensán-arousán Enrique Ortiz Alonso (Ourense, 1934), ó que lle deron o Pedrón de Honra, é un dos grandes no seu campo artístico preferente, o do gravado. Xa en 1977, con motivo do Milenario de San Rosendo, dende o Museo Arqueolóxico, e os seus colaboradores, o Grupo Marcelo Macías, puideron promover a edición dunha estampa (100 exemprares), dende o gravado orixinal que estaba no Museo, facéndose a reproducción no Taller Estudio de Grabado dedo mencionado artista. A obra orixinal, un gravado a buril de 1799 é obra de Gregorio Ferro Requeixo (1742-1812) e Juan Moreno de Tejada, aquel un das figuras da pintura histórica galega.
O vello mestre ten colaborado en empresas variopintas como a capa do disco de Miro Casabella "Ti Galiza" en 1977. Aquí pódese ver entre outros persoaxes a Francisco Franco...
"Son moitos anos de estar no potro... compañeiros!"... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario