Páginas

viernes, 4 de mayo de 2012

Porque é Tempo de Maios: Acisclo Manzano

Un dos Maios de Acisclo Manzano ( 2010) aínda sen inaugurar

Dende o tempo dos Maios de 2010 hai dúas esculturas de Acisclo Manzano coa iconografía tradicional enxebre que adoitan ter, aínda que o mestre ourensán fai en aceiro cortén. Un deles está no xardín á beira do río, espazo recuperado nas inmediacións da Chavasqueira, marxe dereito do Miño. Teñen máis de 10 metros.


       A obra ten debuxos como a da USC (2007) en memoria dos profesores represaliados en 1936.
A outra está na rotonda da rúa Manuel Murguía, perto do barrio do Polvorín, ó S. da cidade. 
A pirámides son semelllantes tanto no material como nos debuxos calados das súas tres caras.
Perto dunha delas está a "Serea" da Chavasqueira, sobre o coiñal, máis dentro do leito do río, polo que a cubren de xeito cotiá as aguas do Miño. Leva aquí anos e tamén está sen inaugurar o que semella agravio...


Maio artístico (sic) que gañou 

Mentres, no día anual da festa, colocáronse pola mañá os 'maios' nas rúas de Lamas Carvajal e do Paseo que arrecendían baixo a chuvia a fiunchos, carrabouxos, xestas, e outras prantas de tempada, obras colectivas presentadas a concurso nas categorías de Enxebre e Artístico. 

Esta última categoría non ten sentido pois tanto o modelo tradicional como os demáis son artísticos. Vai sendo hora que se faga unha chamada de atención severa neste senso para que se comece a denominar Maio libre. Sen máis !. 

Neste punto nos aliñamos a carón de Vicente Risco, segundo o deixou expresado dende as páxinas de La Región en 1962. 

Os distintos colectivos participantes presentaron tamén as tradicionais coplas poéticas de ton sarcástico e temas actuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario