Páginas

miércoles, 23 de mayo de 2012

O artista Enrique Ortiz, Pedrón de Honra

O "Pergameo de Honra", que anualmente concede a Fundación Pedrón de Ouro, foi para o pintor e grabador de orixe ourensán, residente dende hai anos en Madrid, Enrique Ortiz.



O premio foi entregado na casa Rosaliniana da Matanza (Padrón). Nas súas palabras a presidenta de 'Nova Escola Galega' desexou unha educación pública, de calidade e en galego "motor da nación soñada", no canto de recoller o 'Pedrón de Ouro' concedido a este movemento de renovación pedagóxica (dende fai 29 anos). Para ela as decisións da Xunta limitan "o dereito á educación", e denuncióu a "privatización progresiva" da educación. A Fundación que preside Xosé Ramón Fandiño contou coa escritora Fina Casalderrey, para a loa dos premiados.

O pintor ourensán-arousán Enrique Ortiz Alonso (Ourense, 1934), ó que lle deron o Pedrón de Honra, é un dos grandes no seu campo artístico preferente, o do gravado. Xa en 1977, con motivo do Milenario de San Rosendo, dende o Museo Arqueolóxico, e os seus colaboradores, o Grupo Marcelo Macías, puideron promover a edición dunha estampa (100 exemprares), dende o gravado orixinal que estaba no Museo, facéndose a reproducción no Taller Estudio de Grabado dedo mencionado artista. A obra orixinal, un gravado a buril de 1799 é obra de Gregorio Ferro Requeixo (1742-1812) e Juan Moreno de Tejada, aquel un das figuras da pintura histórica galega.


O vello mestre ten colaborado en empresas variopintas como a capa do disco de Miro Casabella "Ti Galiza" en 1977. Aquí pódese ver entre outros persoaxes a Francisco Franco...

"Son moitos anos de estar no potro... compañeiros!"...

O artista presentou no Simeón en 2001 unha mostra de óleos e gravados 'Una aciñeira para soñar', con un catálogo que leva dous fermosos textos, un deles do mestre Xosé Luís de Dios, gran pintor ourensán morto fai poucos anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario