Páginas

viernes, 18 de mayo de 2012

MIRO VÁZQUEZ NAVAL, porque aínda é tempo de Letras Galegas


Miro Vázquez Naval gañou con "As voces da saudade" o 'Premio cidade de Ourense' na edic. de 1998, publicado con debuxos do artista Xosé Luís de Dios.



Agora en 'As luces de noutrora' (Espiral maior,  A Coruña, 2010, col. Poesía, nº232), pequeno volume e gran libro do mestre das matemáticas e da poesía acompañouse do artista César Prada, quen fixo as ilustracións mais para a portada foi Isabel Pintados, elección da editorial.



                      PERO É TEMPO QUIZAIS XA PARA NADA

 

  Se puidera a tenrura acubillarnos
  nestas horas de brétema e fastío;
  se puidera o horizonte fuxidío
  pola senda perdida encamiñarnos.


 Se nacera unha viva labarada
 desta cinza do tempo consumido;
 se nos charcos do soño esmorecido
 non caera esta folla desalada.


  Pero é tempo quizais xa para nada.
  Nada queda na tarde aterecida,
  salvo fume no vento e frialdade.


  Nada queda na ausencia desolada.
                       Tan sequera unha lúa compartida
                       ilumina esta fonda escuridade.
                                                               
Esta era a portada que tiña pensado que levase a obra
Neste seu penúltimo poemario -que xa ten listo para publicar en castelán-, amósanos unha “preocupación do autor pola pegada do tempo no discorrer da existencia” segundo Víctor Campio, o seu prologuista. O tempo flúe, e tamén a súa reflexión existencial, para iluminar o incerto presente. 

Rilke, Rimbaud, máis tamén Gamoneda ou Antón Tovar -o poeta limiá-, aparecen nos sonetos.
Arriba incluímos un dos seus sonetos coa ilustración correspondente do libro. 

Na foto Miro está na Ínsua dos Poetas (Irixo) no verán pasado. Chovía... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario