jueves, 7 de abril de 2016

Patinha en CONTRAVENTO E MAREA 2.0 (3)

XABIER LIMIA DE GARDÓN. 

ARTE ET ALIA.

O home (artista), a obra (arte), unha escala...
Na 'Sala Municipal J.A.Valente' catro grandes da escultura en Galicia, Silverio Rivas que traballa en Paramos de Tui, Manuel Patinha, ferrolán de Póvoa Santa Iria, Lisboa (Portugal), Paco Pestana, lucense de Frairía-Castroverde, e Xurxo Oro Claro, alaricano de Ourense.

Dende os catro cantos en que moran, volven xuntarse nun impulso nacido ao pé da Burga. E como daquela, en 1994, teñen a tutela de Rosario Sarmiento, como curadora, e Xurxo Lobato, que pon a ollada de fotógrafo.


Xúntanse para un camiño que os levará ata Lugo e Vigo, alomenos. Por Galicia, desta volta. Foi entón un fito e así está rexistrado nas biografías, acción expositiva que lles deu o empurrón. Son, todos eles, uns renovadores, de catro camiños plásticos.

                               Patinha


Son 'Fenda', 'Morna', 'Orión' e 'Colón', obras do ano 2009, circunscritas á etapa da Faísca en Narón. Elas amosan tanto a forza do seu traballo, cando as xunta, como un murmurio dun mundo, con algo de surrealismo.

Burka, 2011.

Dende os irmáns Clotilde e Filomeno do ’94, que privilexiaban os perfís, ata as formas pechadas de Isolda.



Mestre da soldadura, o aceiro galvanizado non ten segredos, mais para achegarse á súa escultura hai que coñecer a súa obra gráfica, debuxos e gravados, principalmente.

Mais o artista é tamén pintor, disciplina plástica das primeiras no seu camiñar. E tamén escrebe:



                                
                                 'Sigo esperándote en la gran plaza demolida
                                 importándome poco la demora
                                 mientras mi cuerpo resiste y la mente lo certifique
                                 mi sangre seguirá fluyendo como lava peregrina
                                 que ira descendiendo por lugares de certezas
                                 barrancos cruzados entre elegantes dedos
                                 tan suaves como montes de espuma
                                 sal deshecha en agua que tus labios enjuga.'

                                                                   Ruta del Alba, Asturias 2015.



"Efervescencia", 2015, acrílico, unha das súas pinturas.
Fai pouco, a finais do pasado ano, a Deputación de A Coruña editou un libro, con textos de Eva Ocampo Vigo (biografía) e de María Fidalgo Casares, quen analiza a súa arte. Está editado na colección “Grandes pintores”.


             E segue a crear beleza dende Montecuruto, Ferrol, con unha paixón baseada na terra.

Con Paco Pestana, e o Sil, nos días de primeiro de marzo, cando se xuntaron para a exposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario