martes, 5 de abril de 2016

Pestana en CONTRAVENTO E MAREA 2.0 (2)

XABIER LIMIA DE GARDÓN / ARTE ET ALIA.

Desde a entrada unha obra súa ao pé das escaleiras.
Na cima Patinha, oa fondo as de Xurxo Oro...
Na Sala Municipal JA.Valente catro grandes da escultura en Galicia, Silverio Rivas que traballa en Paramos de Tui, Manuel Patinha, ferrolán de Povoa Santa Iria (Portugal), Paco Pestana, lucense de Frairía-Castroverde, e Xurxo Oro Claro, alaricano de Ourense.

Dende os catro cantos en que moran, volven xuntarse nun impulso nacido ao pé da Burga. E como daquela, en 1994, teñen a tutela de Rosario Sarmiento, como curadora, e Xurxo Lobato, que pon a ollada de fotógrafo.

Xúntanse para un camiño que os levará ata Lugo e Vigo, alomenos. Por Galicia, desta volta. Foi entón un fito e así está rexistrado nas biografías, acción expositiva que lles deu o empurrón. Son, todos eles, uns renovadores, de catro camiños plásticos.

                                        PACO PESTANA



Foto Xurxo Lobato. As obras en madeira e as fotografías con fondos de diversas cores son de Pestana.

Outra é a posta en escena de Paco Pestana, dende a acumulación: xunta pezas de madeira en escenarios, engade fotografía e fai visible a palabra poética. Formas animalísticas, ou a humana encadeada diante dunha gaiola con mensaxe...


Un explícito expresionismo do escatolóxico, ou no sexo, con retranca nas súas formas animalísticas, madeira-tótem do bosque primordial. Mais tamén unha composición e posta en escena teatral. Puntillas madeira...









Así ‘Poesía y escombros’, chío en castelán con moito daquela impostura / postura que nos amosou en 2010 no Centro Cultural. E que reproducimos a seguir.

O artista fai unha fotografía dunha ave morta e, por baixo, escribe...


No hay comentarios:

Publicar un comentario