Na inauguración, diante dunha obra de Silverio Rivas, 'Torques', 1992, quen nos mira. |
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
ARTE ET ALIA.
Na Sala Municipal JA.Valente catro grandes da escultura en Galicia, Silverio Rivas que traballa en Paramos de Tui, Manuel Patinha, ferrolán de Povoa Santa Iria (Portugal), Paco Pestana, lucense de Frairía-Castroverde, e Xurxo Oro Claro, alaricano de Ourense.
Rivas, Patinha, Xurxo Oro e Pestana, dende o primeiro termo ao último, foto Xurxo Lobato |
Dende os catro cantos en que moran, volven xuntarse nun impulso nacido ao pé da Burga. E como daquela, en 1994, teñen a tutela de Rosario Sarmiento, como curadora, e Xurxo Lobato, que pon a ollada de fotógrafo. Xúntanse para un camiño que os levará ata Lugo e Vigo, alomenos. Por Galicia, desta volta. Foi entón un fito e así está rexistrado nas biografías, acción expositiva que lles deu o empurrón. Son, todos eles, uns renovadores, de catro camiños plásticos.
Silverio posando o día da inauguración entre os seus proxectos de atelier, en latón. |
Silverio Rivas, o miúdo gran artista que abriu as portas do Atlántico en Vigo, a Ara Solis na Torre de Hércules, e colocado o Horizonte para o sol no campus da UVigo en Marcosende, tan francés que soubo integrar o legado abstracto de Brancusi e inserilo con naturalidade na pedra do sur pontevedrés, amósanos con precisión de cirurxián o seu misterio interior no ‘Torques’ (’92). E a súa expresiva poética na ‘Sementar herba na leira’ (’07), con madeira.
'Ondulado en cruz', granito negro, 1997. |
Porque o artista natural de Ponteareas, con tallaer tamén en Nantes (Francia), onde bota tempadas, gusta da experimentación dos materiais no atelier: velaí a morea de propostas nas tres vitrinas, e a escolla nas ‘mutacións inducidas’, trinta pezas en tres grupos, que explícita o amor polo equilibrio.
'Ateridio verde', bronce, 2013; e ' sementar herba na leira', 2007, madeira... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario