Xabier Limia de Gardón.
A través das obras somos quen de visibilizarmos a emigración dende o exilio, tocando cos ollos a Castelao, e a súa retranca nos diálogos dos debuxos.
Obra de Souto: Princesa negra. |
Seoane é estrela da mostra, ben acompañado de Colmeiro, que pinta a Mireya, sobriña de Dieste; e Isaac Díaz Pardo cos súas figuras de grandes ollos, os da xove parella que poñen diante deles aos seus fillos, a gran Maruja Mallo e as súas cabezas-porco con bolboretas, e Arturo Soto que de memoria pinta unha paisaxe galega.
Na exposición figura, ademáis, a suxestiva figura dunha mulata...
Leopoldo Nóvoa e o espazo-crómlech; os Fernández Granell, Eugenio (1912-2001), co seu mundo -'granelandia' no dicir de López-Barxas-, e Mario (1914-1991) o escuro mundo do Laxeiro, de impenetrable luz, con obras que reflicten o impacto das máscaras americanas...,
Molezún, Mampaso, de Labra, Caruncho, Castillo, Grandío, Lago Rivero, co bergantiñán Manuel Pailós, e Ángel Botello Barros de Cangas do Morrazo. A súa presenza proxectou a proxección cultural de Galicia malgré lui, e a influenza dos seus feitos chega ata nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario