ARTE ET ALIA
XABIER LIMIA DE GARDÓN
Prof. Buxán, a nova artista, a comisaria, vicerrector do Campus e Xosé Lois 'Che'. |
A foto e a anterior son de 'Tempo de Lecer Ourense'. |
Seis obras, no fondo da saliña de Alterarte, no Campus Ourense da Uvigo, que con outras dúas máis conforma a suxestiva mostra ‘Inventario’, coa que se presenta na comunidade da arte Melania Freire Vázquez (Lugo, 1991).
Co acubillo do Outono Fotográfico/ 2015, no debut da xoven artista dominan as fotos, mais resalta un gran pano de frores, con flecos. Na parede principal pendura un pano, e unha foto con vellas colchas e mantas; noutras fotos haiu mulleres vovas que portan instrumentos de cestería, con caza ou frores... Estas últimas, debuxadas e recortadas emerxen da cesta que leva na cabeza a moza, colocando a xove artista un paxariño recortado na cima do marco. A carón deles, penduran as follas, soas, sobre a parede... nun continuum discursivo de apariencia e realidade. Á entrada, na contracabeceira, a foto dunha cesta de vergas de carballo con follas debuxadas e recortadas... Unha etnografía de afectos familiar.
Bodegón e retrato. E paxariño. |
Velaquí o elenco, no que amosa a súa formación, licenciada en Belas Artes na Uvigo en 2014, estando a titularse na Esdemga, título propio en deseño téxtil e moda, que dirixe a profesora ferrolana Lola Dopico Aneiros, que é precisamente a comisaria da súa expo individual auroral. Coa profesora colabora nestes días a alumna na exposición colectiva de 'Tecido Cru', na Casa Galega da Cultura en Vigo. A artista xa tiña comisariado neste ámbito en 2014 a colectiva ‘Do tecer. Miradas sobre o textil na arte contemporánea’ na Galería Metro de Santiago de Compostela.
Participando en seis colectivas en 2014, e outras tantas en 2015. |
Esta frase de G. Mahler, 'La tradición reside en la preservación del fuego, no en la adoración de las cenizas', na súa web e toda unha declaración de intencións. Así explica a súa concepción do tema:
'Natureza morta como exploración entorno al género de las naturalezas muertas y las relaciones estéticas y conceptuales que encuentro en relación con el contenido y la tipología del cesto con el que las mujeres transportaban aquellos elementos que compraban o destinaban a la venta. Flora, fauna, comida, cerámica... El bodegón tradicional se entremezcla con esa relación cuerpo-cesto-alimento que se establece al posarse sobre la cabeza, manteniéndolo a través del equilibrio.
El individuo funciona como peana, como base y parte sobre la que se disponen los elementos de esta naturaleza muerta. Ilustro los elementos naturales sobre lienzo generando una imagen híbrida entre realidad y representación, intentando eliminar esa asociación con la imagen costumbrista y llevándola a un terreno personal y libre de prejuícios'.
Con anterioridade a esta exposición, e ás outras nas que ten participado desde 2014, engadimos dúas mostras da súa teterminación artística (e precocidade). En 2009, con 18 anos, alumna do IES do Sar, Santiago, foi a gañadora do XIº Concurso de Carteis Día das Letras Galegas, traballo que foi cartel oficial conmemorativo nos centros de Vigo, A Coruña e Santiago. En 2014, homenaxe a Xosé Mª Díaz con música de Fuxan os Ventos, dirixe e realiza un video con un compañeiro. Unha artista a seguir.
Unha das tres follas que conforman outra das obras. |
Con anterioridade a esta exposición, e ás outras nas que ten participado desde 2014, engadimos dúas mostras da súa teterminación artística (e precocidade). En 2009, con 18 anos, alumna do IES do Sar, Santiago, foi a gañadora do XIº Concurso de Carteis Día das Letras Galegas, traballo que foi cartel oficial conmemorativo nos centros de Vigo, A Coruña e Santiago. En 2014, homenaxe a Xosé Mª Díaz con música de Fuxan os Ventos, dirixe e realiza un video con un compañeiro. Unha artista a seguir.
Composición da cabeceira da sala de 'Inventario'. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario