viernes, 27 de octubre de 2017

XAVIER VARELA ILUMINA 'O porco de pé'





Achegamonos á Allariz
Obras de Xabier Varela e trampantojos inspirados en O porco de pé

montaje en video




Os cadros e as obras coas que Xabier Varela constrúe a súa exposición de Allariz son un relato en si mesmo. Mais o coidado posto polo artista arredor delas para acadar un axeitado ambiente que axude a contextualizamos as escenas resulta efectivo, xa que logo consegue dar unha evocadora imaxe doutra época. O xoven mestre alaricano, dende a inspiración na novela ‘O porco de pé’, de Vicente Risco, dispón o seu abano expresivo con grandes óleos, e acuarelas, ademais de gravados á punta seca, carbonciño e debuxos para recrear escenas.



Dende o seu interese polos expresivos e caracterizadores retratos sociais tipo George Grosz, ou dos fotógrafos Brassaï (Gyula Halász) e August Sander, e coas súas notables habilidades para facer retratos, comezou a maxinar esta mostra da Fundación Vicente Risco.

Baséase dende o seu inicio na mencionada obra de Risco, de 1929. é co castelán Celidonio de mancebo-tendeiro de Baldomero García e Emerenciana, comerciantes charros de Salamanca que fixeran aquí fortuna. Un xoven porco-home corta carne na ateigada tenda de ultramarinos. E máis alá da obra de Varela, comeza a inestimable axuda de Javier Iglesias, parente seu: diante, o mostrador e a cesta con ovos e báscula, garrafón, velas e outros obxectos nos estantes, que prolongan o efecto ilusorio da pintura…

Om artista fui mudando o escenario ao introducir os retratos...




Dende aquí, pasamos ás distintas escenas escollidas, divididas por cortinas e aproveitando as distintas alturas dun baixo pensado en orixe para outros usos. Na do salón xa está como don Celidonio, quen ‘na posguerra, ascendeu de porco a marrán e chegou a Alcalde. A parenta inflou como o fol da gaita’, escribe Risco no comezo da obra, e pinta Xabier Varela, con unha cacería dun xabaril estilo Paul de Vos, e lembrándonos no sombreiro da súa muller Nicasia os da famosa brasileira Carmen Miranda. Diante o escenario con tresillo de madeira, colgadoiro e reloxo na parede, sen faltar na mesa o vello diario conservador e monárquico de Madrid.





A súa viaxe política aquí co enxeñeiro da Deputación, e a diversión de ámbolos na casa dunha dona italiana, ‘onde sinteu un arreguizo que lle remexía os untos’;  as fillas, e as súas afeccións, música e tenis, coas pelotas camufladas entre mazás, na liña sarcástica que destila a obra nunca reeditada en vida do escritor de Castro Caldelas...










O cado co 'Doutor Alveiros' no seu entorno.







O Doutor Alveiros que é a contraposición do Baldomero,  está configurado por Risco no rol de coprotagonista, sendo en realidade o verdadeiro alter ego do propio escritor: por elo Varela pono xa na entrada, na parede oposta, efixiado nun busto con marco ovalado.















E na vitrina o manuscrito dos saberes misteriosos das herbas. Naquel faladoiro, e a súa recreación diante, con cadeiras Thonet e mesa de mármore cos cafés e puro, no que estiven a piques de sentarme co artista, que semella pensado para desfrutar calquera tarde prolongando a intensa visita artístico-literaria…


Pódese así desfrutar dun verdadeiro espectáculo arredor da novela que se expresa nunhas imaxes literarias que cobran vida, co atrezzo teatral arredor da obra de 1929. 

De estar a exposición en Ourense, poderíamos sentirmos nunha performance vintage da Bela Auria...

No hay comentarios:

Publicar un comentario