Acaba de inaugurar na sala principal do Centro Cultural
Manuel Penín: velaquí posando diante dunha das súas obras -pola mañá- entre os políticos que o presentaron/promoven. Detrás hai unha das súas polícromas acuarelas (técnica mixta sobre papel), con puntas, directamente, na parede... Polo serán (vide infra) e xa con outro look foi a presentación vox populi, con agasallo vinícola 'Alberte' (D.O. Ribeiro), con
Guillermo Díaz Iglesias, director de Nodegas Nairoa ao fronte, o que nos fixo demorar agadablemente na reunión de arte e amizade.
|
Aida Fernández, na portada do catálogo... |
O fundamental da mostra, máis aló das órficas pradeiras de cores (por veces semellan mariñas das cencias experimentais), expresionismo de gamas cromáticas, son os retratos, dende a liña contínua.
|
Abel Canal, médico... |
|
Emilia Ruiz |
|
Jº Manuel Vázquez A. (a) 'Casiano' |
|
Luís Glez. Tosar, poeta... |
|
Edelmiro V. Naval, poeta |
A liña, e dende a liña, grafo preferentemente, ou rotulador, ás veces...
Mais xa antes en Berlin (octubro, 2012), ou incluso antes, après as leccións do artista plástico
Xesús Vázquez (Pentes, Ourense, 1946), que vive e traballa en Santander, nun curso ('
Despois de Auschwitz') en Ourense...
No hay comentarios:
Publicar un comentario