martes, 19 de marzo de 2013

Miguel Karballo: o sabor da auga (e 2)

Pero Manolo é Figueiras, mais Miguel non é Carballos senón Karballo.


Duro, e rexo, con incontinente verbo profético, laborioso self made man galaico de pura caste, auga fresca do regato montesío da contorna que baixa do monte da Martiñá ata Baínte, paradigmático castro que retrata no pasado outono nun dos frescos-acrílicos-táboas da exposición. 

En toda ela hai un deliberado rexeite da figura humana, apenas presentida nalgúns dos fumes que saen dos pequenos hábitats que divisa dende o cumio escollido no que olla. A topografía deliberada é case a esencia dun sentir, mundo no que aínda acredita, malgré lui. 


Pois aínda que nos mira con faciana de tristura agarra un carballiño e os peixes nadan encima da cabeza. Cos pés na terra, entre as follas, este ‘bárbaro en Atenas" (cómo se chamou nun libro seu cando foi á terra da súa compañeira Sula Repani), nos alecciona. Agora ben de presentar ‘A rota dos gansos’, a súa novela de iniciación e formación polos camiños da vida..
Portada de 'A rota dos gansos', único cadro figurativo da exposición conxunta con Manolo Figueiras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario