NACE 'ARTE MUD' (arte en Risco)'
[Vicente, of course!: Allariz foundation, claro]
Son os Artistas: Miguel Carballo, Manolo Figueiras, Xavier Cuiñas, Antonio Soria, Sula Repani, Raúl Diniz, Jorge Varela, Javier Varela, Xaime Piñeiro, Eva Casado, Seo.
E comezan con unha exposición conxunta -por descontado-, que leva un manifesto ad hoc e sen poses que é un antimanifesto, é dicir, 'a modo de presentación'.
(vide infra: as cores e os sangrados son meus...)
CICLO DE EXPOSICIÓNS 'ARTE EN RISCO' 22 MAR(ven) -21 ABR (dom): ARTE MUD.
[Vicente, of course!: Allariz foundation, claro]
Sula Repani: "Pruno" |
Obra de Xaime Piñeiro |
(vide infra: as cores e os sangrados son meus...)
CICLO DE EXPOSICIÓNS 'ARTE EN RISCO' 22 MAR(ven) -21 ABR (dom): ARTE MUD.
Seo: "Serenas tardes da antigüidade" (no ar de Paul Klee, e...). |
Seo, Karballo e Figueiras, tres dos artistas, na exposición destes dous en Visol o pasado día 8, venres. |
ARTE MUD
PROTOCOLO DE EMERXENCIA PARA ACOMETER MUÍÑOS.
(A modo de presentación, SEN MANIFESTO)
__________________________
Maré Arte Mud? Mud Dadá? Maëlstrom xirando?
Xira-xira, engule ironía, humor, tranvía, xiratoria saudade, crítica -política, cultural, artística-, reflexión, compulsión.
aS vOCES vISITADORAS SEMPRE oBSESIVAS, a infinita calma de alomenos unha décima de segundo.
Nós: inadaptados, inadaptábeis?
O xinete azul caeu do cabalo / O cabalo voou polo chan. Equs Mud? Mud Danza? Figuración, Simbolismo, textura, tactilidade, a guerra, a espada, o tendón de Aquiles, os guerreiros de ARMEÁ, un CASTRO, aquela paisaxe, a túa infancia, lembrarse.
Mic Mud? Mud Mur? Mud Show?
Buques trasatlánticos, veleiros mediterráneos, piraguas baixo as pontes do Arnoia... Grecia, Sudamérica, Galicia. A nube, o Sol.
Esencialidade, ensoñación, construtivismo, concepto, intuición...
Unha PORTA, unha PONTE, unha NAVE? EQUIPO, GRUPO, BANDA MUD? Fluidos ou reticentes, acovardados ou salvaxes?
Grande roda da noria, unha montaña, Rusia. Círculos.
“A actividade propiamente metafísica desta vida”? Un pretexto para o xogo sen fin?
Mito, Cosmos, Abstracción, Oriente, o Carnaval, o Océano, os Atlantes, a Auga.
Pureza, idealización, esquematismo.
Arca, cofre, EXPLOSIÓN MUD? Filosofía, Poesía, Materia. O animal. A identidade de barro. Des-estruturas. Más Mud? Conglomerados? Ramificación, expansión dendroide? Que di o son do martelo de Hefesto?
Di Mud? ARTE MUD!
Veñan, pasen, vexan !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario