Acabo de ler -e contemplar- o libro "Os tesouros da illa de Granellandia", do escritor Paco López-Barxas ilustrado con debuxos do gran artista Eugenio F. Granell. Coeditado por El Patito Editorial e o Consorcio de Santiago, fíxose co gallo do centenario do nacemento do artista compostelano (1912, A Coruña / 2001, Madrid), cidade na que hai unha Fundación que leva o seu nome, no chamado Pazo de Bendaña, na Praza do Toural (sic).
Trátase da "historia de los tesoros descubiertos en la Isla de Granellandia, a través de un viaje de ida y vuelta en la cometa del surrealismo, propulsada por un vendaval de sueños".Un cuento "de amor, pasión y poesía", segundo se expresou na presentación, tal como se le en ECG, o 7.12.12.
Un agasallo do autor, e unha lectura emocionante texto e imaxe dun artista singular de raiceira galega.
En correspondencia, como agasallo meu, velaquí unha curiosa foto publicada na prensa (La Voz de Galicia) con gallo do xoves de comadres en Verín, no pasado entroido.
Dramatis personae: O que fai de cardeal (Richelieu?) é D. Francisco López Rodríguez / alias Paco López-Barxas (por Ponte Barxas, A Pontedeva). O mosqueteiro que rende pleitesía é o bardo escritor de novelas/e/escribidor daquel mencionado xornal, o verinense Xosé Carlos Caneiro.
López-Barxas, outrora director de Xornal Diario en Pontevedra, e responsable de comunicación del Consorcio de Santiago, redactor xefe de informativos da Televisión de Galicia, entre outros recorrido público (Grial,...) é autor de libros sobre literatura e contos infantís. Foi tamén Director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos en Xunta de Galicia, intitución á que segue vencellado nun cargo institucional...
Trátase da "historia de los tesoros descubiertos en la Isla de Granellandia, a través de un viaje de ida y vuelta en la cometa del surrealismo, propulsada por un vendaval de sueños".Un cuento "de amor, pasión y poesía", segundo se expresou na presentación, tal como se le en ECG, o 7.12.12.
Un agasallo do autor, e unha lectura emocionante texto e imaxe dun artista singular de raiceira galega.
En correspondencia, como agasallo meu, velaquí unha curiosa foto publicada na prensa (La Voz de Galicia) con gallo do xoves de comadres en Verín, no pasado entroido.
Dramatis personae: O que fai de cardeal (Richelieu?) é D. Francisco López Rodríguez / alias Paco López-Barxas (por Ponte Barxas, A Pontedeva). O mosqueteiro que rende pleitesía é o bardo escritor de novelas/e/escribidor daquel mencionado xornal, o verinense Xosé Carlos Caneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario