sábado, 23 de diciembre de 2017

Ruth Villar e Sabela Andrés, ou Mar de Redes e Primeira liña


Con Mar de Redes chega a auga ao Campus, e o emblemático Edificio de Ferro é o seu centro.

Na súa fachada está a mostra expositiva das redeiras, esas mulleres invisibles e fundamentais da pesca do cerco. E as imaxes fixas nas paredes de cristal semellan fluír, e moverse. Dende as mans de Ruth Villar chega ata nos este proxecto gráfico que amosa escenas reais dos seus traballos á par do dos homes na mar, e a pesca de baixura. 


Amosalo para que se coñeza, e decatarmos así do outro prato da balanza cando levemos á boca os produtos dos nosos mares. Fanse estes traballos dende fai séculos, e son moito máis que postais típicas nas ramplas dos portos no verán. A súa visibilidade pon tamén en marcha o asociacionismo de todos aqueles que se dedican a estas labores cos aparellos de pesca, maioritariamente mulleres. Están agora mergullados na pesca dos palangreiros e o traballo dos chavoleiros e redeiras que preparan e reparan en terra os miles de anzois... Pensando na loita de mulleres e homes pola subsistencia diaria nos tempos duros do inverno, nun medio como o mariño ultimamente tan ameazado e sempre no perigo do seu outono.





E esta a estación na que andamos, que se sinte no estanque do Campus Sur, cheo de follas, e nas súas plácidas augas aboia Primeira Liña, a exposición flotante de Sabela Andrés.



Alí, rodeada da vexetación de auga e as aves acuáticas hai unha vez máis outra mostra da sensibilidade do Outono Fotográfico e a Universidade con un tema, que está a piques de alborexar co Campus da Auga, gran proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario