lunes, 18 de diciembre de 2017

A CREATIVIDADE DE XOSÉ CID

Na foto está amén a muller, a filla e a neta, o fillo e curador faltando no fondo trala estatua, e alguns do seu círculo de amigos...


Mármore, madeira, bronce, son as tres materias dende as que o mestre escultor da Rabeda, en Taboadela, se presenta de novo ante a sociedade ourensá.

Aquí, na sala José Ángel Valente, na confluencia das rúas do Paseo e Concordia, respectivamente, verdadeiro embigo do centro da cidade están, diante de nós, Afrodita deitada, cos brazos por trás da cabeza, unha Venus de seguro agora tralo seu bautismo fai dez anos; e o torso de Atenea en mármore, que logo de deixar a peana / talleiro de madeira coa que naceu en 2010 terma a converterse no que é, o dunha Serea, no cúbico pedestal. Ou Poseidón e Artemisa que xuntan as cabezas de madeira sobre un pescozo infindo, que son en realidade Penélope e Ulises, logo do seu demorado reencontro trala guerra de Troya, dous humanos audaces e felices aos que axudou Fortuna.

No día da inauguración de pose ante o Galo...
Os tres materiais, dende a súa potencia primixenia, infinda, ata a forma finita acotada polo artista, que é ofrecida como ‘Materia Infinita’ (sic: infinda, mellor) neste tripartito espazo para a súa contemplación. Dos troncos das árbores, e a pedra marmórea das canteiras, ata as pezas en barro, cos dedos, que debidamente manipulado se fai metal na fundición, co cobre e o estaño na súa debida proporción, para dar ese bronce tan seu e que, nas súas palabras, está deixando.






Louise Bourgeois en 1990 y su escultura “Eye to Eye” de 1970, unha onspiración presente..
*
O sexual semella aparecer en escena...




Cando ben de acadar os setenta e un anos, e logo dun camiño que comezou coa exposición naquela sala da Praza Maior que tiña aquel Museo Arqueolóxico xa en 1969..., con 23 anos daquela, e levaba no oficio e aprendizaxe, talla e escultura, dende 1957, con once anos, como lembrou na presentación, na que deu en falar, enxergando un sentido e meditado discurso.




Así é tamén a mostra escultórica, que se desenvolve nos tres espazos transversais da sala, dende a entrada, á que se ascende por escaleiras centrais. Para a forma do lugar, unhas poucas obras escollidas de tamaños medios e grandes, catro na ampla entrada, coa madeira dominando no número, material memoria, que diría Valente, o poeta, omnipresente tamén por elo na exposición.

A poesía é territorio singular no camiñar do artista, expresión que gusta ter no seu padal, como eses viños que tamén apreza, mais ser poeta é, dalgún xeito, cómo ser enólogo, un reino máis alá da vontade e dos dedos, inaprehensible para tantos, por máis que se poñan nas punteiras e estiren os brazos. Algo así como o da escultura. 

de pose ante Ulises e Penélope
Esta, como outras artes, tan indispensables para a psique humana que, de faltaren, esta quedaría como expida ante a tolemia e a desesperanza que reinaría trala súa extinción temporal. Por elo as artes son máis imprescindibles que a máis elevada das cencias ou tecnoloxías. 

O artista posa no seu taller entre das das grandes madeiras que presenta na Sala José Ángel Valente.
O espíritu no que foi xestada cada obra no seu taller da Pousa de Santa Leocadia, ata aquí, neste proxecto dirixido e coordinado por Rosendo Cid, fillo seu e tamén artista, mais do inmaterial, supón ‘ex umbra in solem’. Mais é unha refinada (vacía?) creatividade, baseada/inspirada en Brancusi, Moore..., ou algo máis? Un razonamento aquel de Steiner, que compartimos, coa idea da materia infinda que move o seu espírito cara unha maior liberdade co paso dos anos, nunha depuración formal dende Brancusi.

unha obra, con ecos indirectos no mundo prehispánico centroamericano e tamén en escultores europeos do pasado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario