XABIER L. DE GARDÓN.
ARTE ET ALIA
O artista de Amoeiro / Ourense Antón Pulido está a amosar unha selectiva mostra da súa traxectoria plástica en ‘Mostrarte’, concepto expositivo que dirixe Mingos Teixeira para o edificio da Alcaldía de Vigo. Chégalle esta invitación de honra como un aceno á súa calidade, e o artista da resposta presentando un elenco escollido con vinte cinco das súas obras-fito. Dende elas fala Pulido da súa andaina artística como vacina para a desmemoria dos nosos días, xa que logo a voracidade das noticias nos medios de comunicación social fai que a súa Antolóxica de fins de 2014 no centro Cultural de AFundación semelle xa vintage.

Antón Pulido diante de dúas Quermeses (foto Xúlio Gil) |
A mirada retrospectiva é reveladora da súa capacidade de superación, do seu renacer estilístico, reinventándose dende as composicións figurativas familiares ou urbanas dos anos setenta e oitenta, década esta última na que concentra o seu dicir plástico nas parellas ou personaxes solitarios que fan música ou camiñan, figuras de carga emotiva que son alegoría no seu conxunto e símbolos poderosos para a nosa terra galega: seres en situacións extremas enfrontados á súa rocha Tarpeia, con Antón Pulido como si dun Quirón se tratase...
Mais o 'Premio da Crítica Galicia de Artes Plásticas 2014' non está detido, que está a facer capas para libros, caso dos de Xavier Senín, ‘O alfaiate portugués’, e ‘O soño da bolboreta’ de Arcadio López-Casanova, ou revistas como Ágora de Orcellón e Dorna, publicacións ás que pretende engadir outra especial, de poesía, con poemas e ilustracións da súa autoría, rompendo así como quería o seu admirado Juan Rulfo por onde se pecha o círculo, proceder que aplica tamén á arte dende a escoita profunda do corazón co fin de ser sempre un mesmo. Soña Antón, e pinta, para a Galería Solomon de Nova Iorque, e para Roma. É artista que pinta as sombras, e volve á poesía 'Quién besará la sombra', co seu amigo Carlos Oroza, pois son elas as que lle dan forza á luz, insiste o 'Fillo predilecto de Amoeiro' desde 2008, e 'Premio Trasalba 2015'.
Xulio Gil na inauguración de 'Mostrarte'. |
Últimamente está a deixar pegada transcendente na trama urbana de Vigo, no cruce de Pi y Margall e o Camiño Pazos, en Peniche, transformando un espazo deprimido nun lugar de encontros e aloumiños, a Praza das Apertas, coas formas da Quermese, nas paredes, e o mobiliario formando a palabra aperta, dous conceptos que son bandeira do artista desde os anos oitenta. Faise agora a fase final nas medianeiras posteriores, plasmando a tridimensionalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario