Na sala José Ángel Valente está a 'Retrospectiva. 10 Premios de Creación fotográfica. Luis Ksado', co gallo dos dez anos deste prestixioso premio de creación fotográfica ligado ao fotodocumentalismo, e que premia ante todo a linguaxe fotográfica, sen fotomontaxes.
De Javier Arcenillas (2008) |
Con un máximo dunha ducia de fotografías contan unha historia, dende o drama da inmigración (Xosé Abad) a o gran Vari Caramés quen, con ‘Galicia instamatic’, reclama outra mirada. Peter Marlow, da Magnum Photo, con ‘A catedral de Santiago. A fin do camiño’ amosa xa en 1999 que é a esencia, tema de contraversia nestes intres en que o impulso do turismo temático é ameaza (peregrino 100.000 rexistrado no que levamos de ano).
Da denuncia da prostitución en Filipinas (Diego Verges) á India da alegría (Javier Arcenillas), da visión do fado (Amador Lorenzo) á invasión da publicidade (Xulio Villarino), e os incendios de verán en Galiza, de Miguel Riopa: ‘Verde-Rojo-Negro’, espléndido título.
Unha das fotos de Miguel Riopa (2004). |
De Harguindey (2006) |
A inclusión de Ourense no tour ten un interese especial pois o pionero do fotoperiodismo que foi Luis Ksado viviu os seus primeiros anos aquí, á beira de José Pacheco...
No hay comentarios:
Publicar un comentario