miércoles, 13 de julio de 2016

ATMOSFERAS DE PASTEL DE ANTONIO ABAD


As fotos, en ángulo, por mor dos cristais, e ainda así as luces...

XABIER LIMIA DE GARDÓN. 


Na presentación (foto Eliaz)
Tempo de Luz’ é unha exposición que se amosa no andar alto do Museo Municipal. Malia o ascenso pola escaleira (o ascensor non funciona), e a sala, paga a pena. Así tamén a inauguración, con interferencia horaria de actos electorais, un día especial para o alcalde que viña de padecer unha gratuita e desproporcionada agresión na Praza Maior. Os varios artistas congregados, daban ao acto unha atmosfera privativa, e culta.







Trátase dunha exposición toda ela realizada coa técnica do pastel polo vigués Antonio Abad Gallego, cores aplicadas directamente no papel 'Canson', para acadar escenas como a da calesa con cabalo branco de Sevilla

É esta unha cor da que gosta, e na que se centra, nos seus temas de auga, leit motiv coa que devala pescudando reflexos, no curso dos ríos, e o sol iluminandoas, penetrando entre as follas das árbores de ribeira; ou da mar, desas costas que visita, para ubicar as paisaxes coas dunas perto das praias, e as prantas xerófilas, que medran no entorno, e xeran esas sombras de tons cálidas, de resol.




Son os motivos que acostuma, con un ar a Kim Lordier e Jen Evenhus. Mais Wistler, Degas ou ‘o berro’ de Munch son exempros que están no seu vademécum de referencia.



Os nus femininos son unha temática que agora fai menos, aínda que guste incluílos cos motivos paisaxísticos, como se nos estivera a dicir que muller e maila terra, interior e exterior, son partes complementarias da súa moeda.












No hay comentarios:

Publicar un comentario