Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
LEONARDO E DELFÍN BLANCO, MESTRES DA ARTE
O artista Leonardo está entre nós no Auditorio coas súas obras
nacidas no seu estudo pictórico de Verín. Son, os seus temas, mundos nos que o
tempo semella terse detido, facianas concretas da paisaxe urbana, ou rural, que
o pintor escolle: estas son unha decantación de momentos nos que, iluminados
polo foco da súa atención, ábrelles a porta, para amosarmos a composición.
Así dende
a súa percepción estamos diante dun amencer en Compostela, luz e tellados do
skyline do burgo histórico; e o núcleo de Portomourisco arredor da igrexa, ou na
Teixeira, nos Ancares leoneses, co seu gran hórreo cadrado por baixo dela,
cuberto de colmo, un aspecto este de filiación etnográfica dos que Leonardo gusta
engadir, sabedor de que a esencia está nas antigas sensacións que se achegan,
co ar suave, co aroma do forno que coce pan, ou daquela rúa na que se asentaba
unha familia de chocolateiros, e o aroma que dende alí se espallaba era arrecendo
que agarimaba os corazóns que albiscaban novos tempos, logo da escaseza dos
anos cincuenta, e corenta, de obligada Coresma.
O mesmo que regala no bodegón da cesta con mazás e negras uvas de mesa, que invitan a deixarse coller... Esa é a idea, dende a que se ofrece, cantor das mazás da horta do seu veciño Juan, de cores e luces ben contrastadas, ou as cebolas que lle trouxo un amigo de Oimbra.
Nestas obras de temas concretos, humildes e sinxelos, concentra a materia pictórica, coa que a súa arte destaca. Outro é esa sensación de humidade, líquida, das rúas molladas, diante da porta sur da catedral, ou de Santa Eufemia, coa rúa animada de xente nunha escala inferior á usual, o que lle da un aspecto encantado, proporción que recobra na santiaguesa Porta Faxeira, obra na que é maior o equilibrio coa arquitectura. Esta variación a vontade é como un xogo, unha maneira de ver para este veterano artista que se foi facendo a si mesmo dende a vila capital do val do Támega, onde impartiu clases na súa escola de arte ou en Artes e Oficios.

Dende o bodegón do tapete vermello, a escaleira dos Uffizi, ámbalas dúas de interior, con matizadas e precisas formas, luces e sombras, e na ría, coa batea en reparación, paisaxe e mexilón que nos define en Galicia, comprobamos como troca as luces, un xeito efectivo de ver e amosar o seu sentir.
Batea en reparación. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario