miércoles, 16 de septiembre de 2015

MELÉNDREZ FASSBENDER 
(ANTES DO O.F.)

ARTE ET ALIA 
Enlace co artigo no diario La Región
          Xabier Limia de Gardón

A compañeira de Meléndrez proxecta dende o pc video na presentación.

Chisco Fdz. Naval fálanos no inicio.
Un vídeo-arte, “Ferido busco o teu mar”, amosounos o fotógrafo Xacobe Meléndrez Fassbender, todo sensibilidade coa natureza e a vida, para rematar a presentación que iniciara Francisco Xosé Fernández Naval.

O escritor ourensán que vive na cidade de A Coruña adoita acompañalo como amigo seu dende a complicidade de ideais. Con sons musicais de Pierre Jodlowski e Giorgio Netti, as minimalistas imaxes axudaban á introspección. Dende Cambre, onde vive, trae unhas fotografías de grandes dimensións, que coñecemos dende hai uns anos cando as expuxo na Rúa do Medio, unha das tres emblemáticas rúas de Rianxo, a vila mariñeira coruñesa, un camiño iniciado na rúa do Carme de Carril (Pontevedra), ámbalas dúas na ría de Arousa. Devalou logo a outras do país galego, impulso que aínda continúa estes días no pobo mariñeiro de Afurada (Vilanova de Gaia), fronte da metrópole de Porto, no veciño país portugués..., e na galería ourensán Visol.
Nunha rúa de Afurada
Son apenas un par de semanas en Ourense, mais a importancia do concepto de imaxe, tomada dende a beira, sempre dende o ángulo do mariñeiro, ás veces co encadre dividido por unha vista submariña. Con elas van os poemas de Bernardino Graña, un dos nosos fitos de país na lírica da mar, como xa deixou dito Manuel María.
Así 
                            ‘homes tortos que nos guían, 
                          con vil fumazo na ollada, 
                          róubannos gozo e ledicia, 
                          rouban zapatos e danzas

coa imaxe na que se ve una caveira dentro da auga...


Ao vídeo engádese desta volta o libro do mesmo título que a exposición, editado en 2012 con Inma Doval Porto, artista plástica e compañeira do artista, para ‘arTeu, arte + sociedade’, colectivo que conforman ámbolos dous dende fai uns anos. En relación con elo, pódese ver o vídeo que Meléndrez fixo, ‘E o ceo virou branco’, con música do gran Steve Reich, ‘coas escumas e o ceo que vira nun branco de inocencia e esperanza’, como atinou en sinalar en acaída frase 'Chisco' Fdz. Naval.













O Xacobe Meléndrez naceu en Tegucigalpa (Honduras), é fotógrafo, e ten como profesión a de Meteoroloxía, da que é funcionario, vimbios ámbolos dous que explican a súa paixón polo medio natural, e a mar en concreto. Mais tamén éo a realidade migratoria. Malia o dito, está fondamente vencellado á nosa cidade dende o Outono Fotográfico, tendo exposto na propia Visol en 2001, na Libraría Torga, infelizmente desaparecida, no Liceo ou na Casa da Xuventude, colaborando de xeito decisivo con Benito Losada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario