***
Mañá comeza a doble programación de Ourense...polas Letras Galegas 2014 de Xosé María Díaz Castro como Capital da Cultura do Eixo Atlántico.
O programa mais ambicioso dende que a cidade celebra as LETRAS GALEGAS.
-Unha iniciativa da Asociación ProNós2020-
1. Literatura na Música e no Teatro,
2. Conferencia con Claudio Rodríguez Fer,
3. E comonovidade, celebralo como 'Noites Brancas'. Haberá un ambigú con produtos do País no mais sobranceiro patrimonio artístico da cidade: San Francisco e as Burgas. (agás a catedral, of course!)
Postre: Canas de queixo e marmelo. |
***
E agora, un microrrelato de humor
para celebrar as LETRAS GALEGAS en Oxford:

(Eneritz Dueso, estudante de galego en Euskadi, gaña o 'I Concurso de microrrelatos John Rutherford')
Microrrelato gañador:
«O peixe conxelado»
Eu era un peixe nadando nunha sopa.
Sempre soñei con ser unha estrela de cine, pero un día presenteime a un casting e alí dixéronme que antes que deixar que fose actor sería mellor fritirme. Eu díxenlles que a min o aceite me repetía e propuxéronme un papel máis axeitado para a miña valía: ser o protagonista deste prato, mentres non me achegase a lingua o gato.
Pero chegou o día en que se achegou o felino, coas súas poutas afiadas e os seus dentes xenuínos. Tentaron salvarme as ameixas, esas amigas que aínda que son duras por fóra por dentro son tenras, e o gato estrañouse ao ver como o atacaron.
Sen perder a compostura puxo fin ao altercado explicándonos que el era un gato vegano.
Como ía moita calor invitámolo a nadar na sopa xa fría, pero o mico estremeceuse ao ver que a súa pelaxe se mollaría. Vaia falta de respecto, non aceptar o noso convite! Iso superaba xa o noso límite.
Vingámonos del facéndoo beber, pero tragounos sen querer e a viaxe cara á súa barriga non a puidemos deter.
Agora eu son un peixe nadando na barriga dun gato, e non un gato calquera, un gato vegano! Pobre mico, pobre gatiño, que para unha vez que comía un peixe non era fresco, senón conxelado.

Filloas, con TOSTADO 'Alma de Reboreda', del Grupo ReboredaMorgadío. |
! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario