Galería de lembranza, 2011, |
Así ‘Ca. 11890’, fror-mandala con xeométrica coroa numérica, inspiración de Il Dante. Agora está a tres metros do chan coa exposición de Ourense, enchendo coas súas obras as dúas prantas do edificio. E con book-catálogo..., o que non é algo menor, senón de relevancia, tanto para os artistas como para a sociedade. Pan e compango que non deben faltar nunha institución pública.
Nacido en Ourense en 1973, comeza a colocar os seus sonos de arte no Pub Estudio 34 en 1999, entre conversas sentados, cafés e pitillos. Edificio Politécnico do Campus, Alhama de Ribadavia e Libraria Eixo de Ourense, Atenea de Vigo e Cacabelos do Bierzo (León).
Presentouse ó concurso do Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude en 2001 acadando o segundo premio.
No ano seguinte da inicio á colaboración con Manazas Teatro, que prosigue agora como Teatro do Rato Namorado. E en Madrid coa Galería Rina Bouwen... ‘Cachaldora’ ten vivido no concello de Allariz, e tamén en Santiago, onde ten deixado ronsel. Utiliza en moitas das súas obras esmalte sintético en spray, que substitúe a bolis e rotuladores, elección que os ten relegado mais sen fuxir do todo. Unha escolla de ferretería, básico e popular e proletario, que lle procura ademais unha inmediatez da que o óleo carece, oposto en todo. Voar, velocidade. Para esta exposición fixo ‘Punto de mira’, sobre pratos de ‘pulpo’ (sic), suxerentes micro contos circulares que xunto coas súas perspectivas en negro son o máis salientable do artista, que en Allariz expuxo en 2013, Epojé, e neste ano participou na colectiva inaugural da proposta do 'Museo do Barrio'.
A súas máis recentes obras pódense contemplar no 'Montecarlo', exposición permanente dende fai un lustro. Velaquí pois unha aposta que semella sinxela, a de ofrecer propostas novas para a cidadanía, e que supoñan un fito, para os artistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario