'Confidencias' (En Vilanova dos Infantes, un 17 maio).
Outra
realidade
Así denomina as súas obras ‘Ana Iglesias’,
fotógrafa artística. Na sala pequena do antigo Simeón, centro cultural da
Deputación, trae un feixe delas, a gran tamaño. Son imaxes de efectistas luces
conseguidas no estudo fotográfico, atelier dos prodixios nos que a química
comparte hoxe en día espazo coas equipas informáticas para a postproducción. Mais
a vella alquimia mantense. Con elas, fotos/cadros, quere mesturarse co mundo da
pintura (noutras salas, Santeiro amosa estes días obras nas que teima que as
pinturas semellen esculturas). E abofé que engaiola a ilusión. As obras -instantáneas,
retratos, reportaxes en eventos- reflicten miraxes, espellismos, unha forma de
ver, e sentir, dende o feminino, calor e agarimo. Así nunha mazá mordisqueada
por unha moza da festa do 17 de maio en Vilanova dos Infantes: cor nas máns
(encarnado) e nas vestimentas de liño (estofado), como si dunha talla barroca se
tratase. Eis a lección de Ouka Lele, quizais, mais a imaxe da nena coloreada de
Janusz Kaminski no film da ‘Schiendler list’ aboia poderosa. Nesta romaría das
Letras Galegas unhas mozas fancéndose confidencias chaman a súa atención, e nun
papeliño, sobor do vestido, lése ‘Residencia San Carlos. Celanova’. Así no
retrato da rapaza co libro, en realidade un caderno de follas baleiras, no que escribir
o camiño desta artista.
|
'El paraíso de Marta' . A fotógrafa estaba alí, para a postal 'teen ager'... |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario