martes, 22 de octubre de 2013

o fotógrafo Xulio Gil 'Premio da Crítica (Artes)' 2013

O Premio de Artes Plásticas e Visuais outorgoulle por unanimidade 'pola calidade e orixinalidade da súa obra fotográfica, no marco dun longo proxecto de corenta anos que sigue vivo'. Resistir xa é gañar, pero no seu caso hai máis, moito máis: unha mirada singular. Por outra banda o Jury premia un medio que visibiliza o traballo dos demáis e que, en moitas ocasións, o mellora.

Tirada da Web da Fundación
Velaquí unha das penúltimas achegas do mestre premiado, tirada no xantar que seguíu á Festa da Palabra na Esgueva (O Carballiño) este pasado verán: dende unha instantánea de D. Xesús Alonso Montero, a post producción... espectacular e significativa.


E velaquí estoutra co mesmo persoeiro, recorte dunha de grupo máis recente -setembro-, tirada en Celanova.


A carón do busto do poeta Celso Emilio Ferreiro. obra de Acisclo Manzano (DendeaLimia.com)

Finalmente:

Velaquí o mestre con tódolos gañadores (et alii). De mundiario.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario