domingo, 21 de julio de 2013

Loa do estro poético e dos seus creadores


O poeta Luís González Tosar, presidente da Fundación da Insua dos Poetas, coa súa directiva -na que están o pintor Antón Pulido, e o poeta Víctor Campio, entre outros-, que convocaron e participaron na xornada festiva de onte se equivocaron ao darlle máis protagonismo á sociedade civil diante dos invitados políticos e culturais que aos poetas e ao seu canto.

Nunha primeira parte tediosa e autocomplacinte, baixo o poderoso calor de verán, aquel artista leu a acta dos 'Premios Sete Carballas' (acuarela e carpeta especial do pintor Nicolás -González Aller-) antes da súa entrega con demasiado protagonismo en detrimento da Palabra Poética, que deixaron para o final -ao pé do monumento, e sen micrófono: imperdoable esvarón-, estando diante do Presidente da RAG, quen aproveitou o esceario en demasía... A modo de suxestión: abondaría que un dos premiados tomase a palabra no nome de todos (coa necesaria contención). 

Víctor Campio inicia a declamación para á inmensa minoría que atendíamos

Estiveron presentes desta volta, na Vª Festa da Palabra, algúns persoeiros do mundo cultural galego, principalmente ourensán, como o poeta Edelmiro Vázquez Naval, e os artistas plásticos Manuel Penín e Xosé Cid, anteriores autores con obra escultórica na carballeira. Nós preferimos salientar a esencia, a Palabra poética, destacando aos seus creadores, e delo deixamos este rexistro gráfico de López-Casanova, Vidal-Bodaño e, ante todo, Víctor Campio. O propio Tosar no inicio leu un verso de Walt Whitman, que traduciu para a ocasión, e que comezaba "Ben, dixo a miña alma...".

Por mais que se debería refugar dende a Fundación os excesos, e desmentir o infundio, pois non estiveron (Antón Lamazares, Manuel Rivas,Vidal Souto, Alexandre, Acisclo Manzano, Rubén Riós), o que é malo para a Fundación, e para os que estiveron/estivemos, mais tamén para eles mesmos pois son obxecto de manipulación. Así se divulgou hoxe dende Xunta.es e Xornaldiario.com, e algún corifeo máis. As fotos -e o facebook da Fundación-Insua-dos-Poetas- o amosan...


Arcadio López-Casanova tamén declamou ao pé da obra.
e Salvador García-Bodaño pechou o máxico momento !
Este, poeta e académico da lingua galega, ben de recibir no pasado mes de xuño VIº Premio "Voz de Liberdade", promovido polo Centro PEN Galicia. 

Con Xosé Cid e Felipe Ferreiro no xantar...
e Miguel Anxo Fernández, compañeiro de mesa, a punto de bicar a tallada. 
e Xulio Gil que posou (sic) cando marchabamos 
Foi o mantedor dende o escenario, afastado dos poetas, D. Xesús Alonso Montero. Houbo música, magnífica e escasa, do Grupo Tradicional Laghareu. Na inaugación o escultor puxo a súa firma nunha performance definitoria do seu carácter. No remate, Tosar insistiu en darme como a outros unha cunca de madeira, e a edición da Obra poética e teolóxica de Faustino Rey Romero (de X. Ricardo Losada). Os versos de Rosalía, Curros e Pondal quedaron ao pé do monumento con sabor a Brancusi (columna infinda), máis tamén a dinamo, e aire á V. Tatlin (3ª Internacional), e nunca realizado...

Sete cargos institucionais e o novo Pte. da R.A.G, atenden á voz e a palabra de Victor Campio. Xulio Gil traballa no seu (eu estou a facer tamén rexistro, para o arquivo visual).

No hay comentarios:

Publicar un comentario