miércoles, 12 de junio de 2013

Manolo de Buciños en Alterarte




Na sala Alterarte -do Campus, no barrio das Lagoas- inaugúrase hoxe, mércores, 12 de xuño, a exposición artística na que a profesora Dra. María Victoria Carballo-Calero propón: 'Alto! Reivindicamos a forma'.

Para expresalo  invitou ao escultor Manolo de Buciños.

A mostra forma parte do ciclo de exposicións: 'Estado crítico: 10 comisarios, 10 artistas'.

Manuel García Vázquez, de Buciños (Carballedo/Lugo, 1938) é un importante escultor figurativo que dende a Galicia interior e, Ourense, en concreto, expresa dende o bronce principalmente, mais tamén en pedra e outros materiais, as súa inquedanza plástica, caracterizada pola finura e elegancia -aquelo tan acaido ao caso: a gracia, da que escribiu Risco nalgún artigo de Las Horas-, tanto nas composicións libres como nas institucionais urbanas.

Poderase visitar ata o día de Santiago (25 de xullo).


Ás 12.00 horas -hora institucional de costas aos usos básicos do protocolo expositivo-, hoxe, no primeiro pavillón...

***
E ata alí pudemos ir malia todo !

Velaquí dous momentos, trala presentación na sala colateral, co mestre Buciños falando para todos dalgún dos temas que gusta facer con parellas abrazándose, poi é o que ve -dixo-, palabras sinceras e tenras naquel momento. E todos nós atendendo (a foto é de Israel Elíaz -mentres Raquel Feijoo tomaba boa nota-): as obras, a maioría de bronce, algunha dos anos cincuenta, de cando era un mozo estudante en Madrid, apenas, sendo outras máis recentes. Todas danlle un fulgor especial á pequena sala repintada (e cun tabique que pecha un van ao fondo) onde está a modernidade e o moderno dun artista que segue a ser especial.


Todo un privilexio o momento vivido, e satisfación no comisario xefe Xosé M. Buxán Bran polo numeroso público -nin tantos estabamos, o que revela que ás anteriores inaugaricións estaban íl e a vicerrectora, o artista e apenas a prensa- que nos congregamos, pois o artista o merecía (a Comisaria tamén puxo da súa parte), ata onde se achegaron amigos, e familiares, comoo o seu propio fillo, e tamén artista, Antón García de Buciños Nóvoa. Ademáis estaba o seu amigo e colega Acisclo, e Rosendo Cid.
A miña foto documenta un momento no final no que dous amigos falan do plan para unha viaxe á Academia (na Coruña) o fin de semana... Ámbolos dous son da altura do que ven, o que non todos poden decir hoxendía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario