|
Alberto Corazón - Edipo [exercicio de agudeza mental: e o molde está en...]. |
Dende o molde dos zapatos, sen uso, o alaricano Ramón Álvarez tivo unha idea
piramidal: que escultores e pintores, inspirándose nos moldes de madeira, lle fixeran
unha obra gratuíta..., e moitos aceptaron, en Allariz e noutras partes de
Galicia. Son máis de cincocentos, e medrando, en contaxio papaleisón...
|
Nuria Bolívar - Hacia un nuevo destino |
Aquí
están os vellos, para seguir bailando, ata os que queren seguir na rolda,
pasando polos que pretenden entrar nela. Mais este ritmo failles perder o pé,
agás ao compracido dono da nova colección hors d’âge. O conmovedor do feito é que escoiten un son non musical emitido sen
frauta parecéndolle a todos unha sonata para violín de Mozart (andante é ritmo
musical).
|
María Naranjo - |
Enténdese que acepten Verino e Moncho Borrajo, Perdona Bonita, Vilariño,
Chris Fotógrafa e Vari Caramés, pois a idea esténdea a fotógrafos, escritores, danza,
gastronomía ou música (sic); mais sorprende que non fose un encargo en Manolo
Paz, Alfonso Costa, Paco Pestana, Acisclo, Karballo, Soledad Penalta, Masiá ou
Julia Ares, e outros escollidos entre os máis novos.
|
David Rodriguez Toro - Amiotico |
|
Elsa R. Aranguena - Fashion victim [ qué gran título para o conxunto da 'colección']. |
Sula Repani, Xoti de Luís ou
Nicolás fan unhas acaídas composicións, pero hai moitos ‘bonny swans’ nesta vaidade colectiva [incluso o Pte. dos Arquitectos de Ourense dixo por escrito que estaba a crear (sic) unha obra axudado pola síua neta !!!]. Eis a constatación dunha idea excelente que se disolve
a fume de carozo. Gustará -dixemos en 13.V.2013, La Región- este espectáculo de imposturas, con aire de mostrador
de feira, por mais que o que nos eleve da vida cotiá sexa o arquetipo: o verdadeiro
teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario