Extraña e magnífica peza supostamente de Santa María de Covas (fot. Fernando del Río) |
A igrexa dende a cámara da artista da fotografía Asun Adá, de Cea. |
Segundo informa (cfr. o Pdf) a peza foi comprada polo director do Museo D. Xesús Ferro Couselo ao anticuario de Ourense Urbano Ferreiro Pérez en 1972, quen lle dixo que era de aquela procedencia. É unha peza de granito (110 cm de alto x 37 de largo x 40 de profundidade). Coñemos a igrexa sita nun pequeno outeiro a kilómetro e medio da vila de Cea, en dirección á Barrela. Aquí estaba segundo vagas testemuñas interesadas un pequeno castelo, destruído na época das guerras irmandiñas do século XV. Tería unha capela, sen dúbida, e a presenza de Santiago Apóstolo na fachada fala da relación co camiño en dirección a Oseira e logo a Compostela na Idade Media. O edificio foi reformado na época do estilo Barroco e convertida en parroquia a finais do século XIX. Dátase pois no século XVIII, máis ten restos anteriores á Idade Moderna tralo retablo.
Velaquí os deixo o documento en Pdf feito ad hoc no 'Museo Arqueolóxico' ( dossier da peza ). No seu texto a historiadora cita unha investigación miña, na que dato a existencia da capela-santuario da Virxe en 1634...
No hay comentarios:
Publicar un comentario