jueves, 4 de abril de 2013

Chega E. Tenreiro con esculturas e gravados


Posando antes da presentación: amabilidade e afecto.




Este emerxente valor da plástica artística galega, chega ao Centro Cultural da Deputación dende hoxe con 'Punto e aparte'.

Pretende ser unha inflexión na súa traxectoria.

Para o catálogo puxo cartos do seu peto para facer un book espectacular !!!,
moi superior ao das mostras de Moldes e Ramón Conde, con cachet de estrela na sala grande baixa.

O viño de Bodegas Nairoa, Ribeiro de Arnoia, no Miño, porá un punto e seguido, ao final da presentación. 


Velaquí o artista co autor destas liñas, acompañados do Vicepresidente da Deputación e o Director do Centro Cultural, momentos antes da presentación posando para Alberte Paz Garza.
Na presentación vespertina diante de Alexandro, Leandro Sánchez... Á dereita, Cristina Carballedo (foto Eliaz).
O artista chega logo de expoñer na Galería Sargadelos de Ferrol dende o día de San Valentín ata mediados de Marzo “Demasiados Bombones para este Régimen”, escultura, gravado, instalación e performance co propio E. Tenreiro no cadaleito...


No hay comentarios:

Publicar un comentario