viernes, 28 de diciembre de 2012

No 'Día das Pegotas' 2012


Día de Santo Estêvão en Ousilhão,Vinhais / Portugal ( o 26 deste mes)
Según la tradición cristiana son Santos Inocentes, ...
máis na nosa cultura é o 'Día das Pegotas'. E con íl se relaciona o 1º de abril, en xeral, noutros países de Europa, máis tamén aquí...


Vicente Risco na "Etnografía" que publicou Otero Pedrayo na súa Historia de Galicia da conta do "día dos chascos e pegotas" as accións habituais do 28 de decembro en Galicia eran noticias falsas que causen disgusto ou boas que deixen frío o intersado, mais principalmente danse noticias que fagan andar a un ou que obliguen a calquera traballo pesado.

Pero deixa rexistrado como tamén se fan polo Entroido, sendo por Entrimo o 1º de abril e en  e Gomesende o 29 de xuño, día de S. Pedro (co que completamos así unha pescuda achada na web de Lois Pardo, que se chama "xogos populares"). Daquela data é o refrán "o primeiro  de abril van vos burros onde non deben ir". Os nomes polo que se coñece fóra son o 'Día das Petas ' ou 'das Mentiras'- en Portugal, e 'April Fool's Day' ou 'Poisson d'Avril' en Gran Bretaña e Francia respectivamente (que en Italia tamén o hai).

'La nave de los locos',  de Hyeronimus Bosch, 1480-1500, Mº du Louvre, 56 x 32 cm. 
No rural galego o tradicional era facer bromas entre veciños: os chourizos voaban dos fumeiros, as potas de caldo liscaban do lume, ou as macetas dos patios, e aínda os carros quedaban sen burricán ! Desto sabe Lois Pardo, quen dende a 'Asociación cultural Algarabía" ten promovido dende fai anos que non esmorezan.

Daniel A. R. Castelao, en Cousas da Vida.
Aquí, na cidade eclesial, quedou o costume do 'Día dos Obispillos' (Bispiños ?) ata os anos sesenta do pasado século: na Catedral  un meniño dirixía o coro !

Os nenos.

En moitos, demasiados, lugares del mundo, os meniños están a ser utilizados en traballos impropios de esclavitude, explotacións sexual ou nas guerras. En África, Asia ou América.

Mais tamén son utilizados por homes desalmados para facerlles dano as súas ex  parellas, homes cheos de complexos de culpa nos seus procesos emocionais.

Eles, estes nenos, tódolos nenos, son "Santos Inocentes" que seguen a vivir nun mundo onde aínda existe un Herodes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario