domingo, 2 de diciembre de 2012

Basilio Losada, Premio Otero Pedrayo

No Liceo, Ourense, Junio de 2009, con J. C. Caneiro.
Basilio Losada Castro (A Pobra de San Xiao, Láncara / Lugo, 1930) ven de ser galardoado co Premio Otero Pedrayo na súa XXXV edición. Así se está a publicar dende o pasado día 27.

O que se suma a: Creu de Sant Jordi (1984), Medalla Castelao (1989) da Xunta de Galicia; Pedrón de Honra (1990), do Patronato Pedrón de Ouro; Premio Nacional de Tradución (1991), do Ministerio de Cultura pola súa versión de "Memorial do convento", de José Saramago; Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique (1993), do Governo da República de Portugal; Ordem do Cruzeiro do Sul (1995), Do Governo do Brasil, e co premio Galego Egrexio, da Fundación Premios da Crítica Galicia (1998).
De negro e falando o pasado Xuño da Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago. Con Luis Tosar e Marina Mayoral.

Con Celso E. Ferreiro en 1975, Venecia.


Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Literatura Galaico-Portuguesa pola Universitat de Barcelona. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Club de Galicia. É doutor honoris causa polo Knox College. Foi director literario de Caralt Editores e a Editorial Noguer de Barcelona, e membro do consello de redacción da revista Grial. Son libros seus Galicia (1969), ou O Camiño de Santiago (1992), e traducións ó galego e ó castelán, desde o alemán, o francés, o catalán e o portugués.

(vide a súa traxectoria na Galipedia)

Noraboa ó mestre galego-lucense, que dende Barcelona alecciona co seu maxisterio e talante...


Editado en 2001, trad. súa...

No hay comentarios:

Publicar un comentario