jueves, 12 de julio de 2012

Unha tallada escultórica á altura dunha gran pulpada



O goberno municipal do Carballiño co gallo da celebración estival no ferragosto da Festa do Pulpo facer algo máis salientable que os predecesores na alcaldía desta volta - a nº 50- ofertando unha escultura que representa unha tallada de pulpo lista para ser degustada: unha obra ideada por Acisclo Novo, un dos emerxentes e máis firmes valores plásticos galegos. Dende Acisclonovo Atelier.


'Apadriña unha tallada' é o nome da campaña coa que pretenden achegarse -dun xeito visual e artístico- ó paradigma gastronómico par excellence da vila e do concello. A obra non chega ós 500 euros. O artista Acisclo Novo sinalou que 'este traballo ten para min un significado especial, xa que está no ADN da vila do Arenteiro'.



Para o Sr. Marnotes, Alcalde do Concello, deste xeito 'o festexo poderá así lembrado durante todo o ano en establecementos comerciais, industriais e hosteleiros, que incluso poden gravar o seu nome nela'.

A tallada é de poliester, sendo o pauciño/garfo de freixo
Acisclo Novo comentou da súa obra que 'simboliza a solidariedade da mesma festa, xa que o xeito de xantar o pulpo cun palillo é o mesmo tratándose dun labrego, un obreiro, un empresario ou un político, é un evento sigularmente democrático'.

Agora falta o pan de Cea e o Viño do Ribeiro ! Qué aproveite !.

No hay comentarios:

Publicar un comentario