A Luz baña ó mestre Acisclo Manzano diante de "Luz na capela" na inauguración oficiosa (12.VII). |
Acisclo Manzano: 'Luz na capela'. Eis unha instalación escultórica ideada no seu día (2004) para unha exposición na 'Casa da Parra' (Santiago de Compostela), e agora adaptada -e cambiada- para unha capela decimonónica sen culto do antigo complexo fabril de papel do lugar de Lousado, na parroquia de Sampaio de Loeda (Concello de Piñor).
As fotos son nosas, o pasado día doce, xoves, excursión in paradiso con Acisclo Novo, seu fillo. |
Está clara a alusión xacobípeta no bordón posterior |
Acisclo senior e Acisclo Novo, conversan na canle da antiga fábrica |
Foi invitado o Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, Dr. Xesús Vázquez Abad, para inaugurala.
Estas foron as súas frases, segundo recollen os xornais:
"a forza e a vixencia das propostas artísticas de Acisclo Manzano e a súa implicación coa nosa terra".
"un dos artistas máis atentos, conscientes e sensibles que temos en Galicia", para "comprender e explicar mediante a materia os símbolos formantes da nosa cultura e identidade" (sic).
Escultor "pero tamén escenógrafo, xerador de espacios habitables e fondamente significativos", que abre os ollos a "unha forma de coñecer distinto, emocional e preciosamente humano" (sic).
E tamén incidiu na importancia de contar con "creadores da forza e vixencia de Acisclo Manzano na nosa terra, en Galicia".
E ademais foi inaugurada unha mostra singular en papel de estraza (Artestraza) nunha das salas da outrora fábrica: o Palleiro. Convocados por Manuel Alfonso Estévez de comisario, os artistas Vidal Souto, Manuel Penín, Xaime Fuentes, Xosé Poldras, Leandro Sánchez, Xosé Vilamoure, Manolo Figueiras, Alejandro Corporale, Tareixa Taboada, Paco Lareo, Xavier de Sousa, José Manuel Vázquez Rivada, César Taboada, Eurico Gonçalves, entre outros como Fernando Blanco, pintor e escultor (que é o arquitecto autor do proxecto), para apoiar un Proxecto solidario dende a plástica para o Síndrome de Down. Se pretende reivindicar deste xeito o Centro de Atención e Talleres nos espazos de Lousado, donados polo seu propietario para un futuro centro da asociación do Down.
As caixas nas que se exhiben son tamén deseño de Fernando Blanco (vide infra unha delas)
Portada do catálogo da Casa da Parra (sendo conselleiro Pérez Varela) coa obra de Acisclo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario