jueves, 21 de junio de 2012

Exposición conmemorativa dos trinta anos do Parlamento

 Antonio Rosón, 1º Presidente da Pre Autonomía (1978-1979).  De barba, Rajoy Brey, hoxe Presidente do Goberno de Reino. No extremo desta 1ª Mesa do Parlamento, Xosé Fariña Jamardo, oficial mayor. 19 de Nadal de 1981.

Son XXX anos transcorridos dende que o Parlamento de Galicia, isto é, que a representación da soberanía territorial, botou a camiñar.

Baixo ás bóvedas do exemplo máis sobranceiro de arquitectura "civil" do estilo Románico, século XII, primeira metade.



José Quiroga, 2º presidente preautonómico (1979-1982), abraza a Rosón.
Gerardo Fdez. Albor 1º Presidente (1982-1987) o 21.I.1982 ante Gª-Sabell e Quiroga.

Na primeira lexislatura (1981-1985) se artellóu a Autonomía e aprobouse o Estatuto.                      Dende Xelmírez -pasando por Fonseca- ó Pazo do Hórreo.


Fai unhas datas a Mesa do Parlamento, voceiros, exdeputados, e o expresidente da Cámara Tomás Pérez Vidal, acompañaron ó Arcebispo e a Presidenta: ámbolos dous descobriron no Pazo de Xelmírez -agora sala de exposicións- a placa conmemorativa do 30 aniversario do Parlamento no espazo onde se xuntaron os parlamentarios galegos por primeira vez.

Daqueles primeiros tempos chegou ata o Simeón de Ourense a exposición fotográfica, logo de se ter visto en Santiago e Madrid. Testemuña deles, e con un protagonismo especial son as primeiras parlamentarias: foron as pioneras Emma González Bermello e Rosa Gómez Limia

Esta última, do PSG-PSOE, entróu na 2ª Lexislatura (1985-1989) no Pazo de Fonseca en decembro de 1988, sendo Presidente Fernando González Laxe. O 1 de marzo do ano seguinte trasladouse cos seus compañeiros de escanos ó Pazo de Horreo, sé actual. Con ela me unen lazos cosanguíneos. 
Rosa Gómez Limia na exposición do Parlamento (Centro Cultural Deputación)
Do libro editado especialmente destaco este suceso que é categoría de carácter e de feminismo nos primeiros tempos:
Salón Noble da antiga Universidade (Pazo de Fonseca)

"O 25 de xullo de 1989 a súa Alteza Real Felipe de Borbón ía chegar a Compostela para facer a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. Fixéronnos chegar as normas de protocolo que sinalaban localizacións no acto, ben diferentes para homes e mulleres

«As señoras serán acompañadas por persoal do Servizo de Relacións Públicas e Protocolo... dirixiranse a ocupar os lugares a elas reservados na Basílica.» (sic) Díxoseme que a norma rexía mesmamente para as dúas deputadas, motivo polo cal, e moi ao meu pesar, renunciei a asistir a tan solemne acontecemento
".
Portada do Pazo de Fonseca

No hay comentarios:

Publicar un comentario