|
Nube, Manuel Paz, 2007. |
Exposición no Gaiás da importancia á pedra como referente xeolóxico-mítico e artístico.
|
Narciso Pérez Rey, Guerrero Celta, 1928, Mº Pontevedra. |
É en realidade a
primeira exposición do Museo de Galicia (sic) na Cidade da Cultura do Monte Fraga, digo Gaiás ! Vamos, como unha nube!
|
Leviatán, Francisco Leiro, 2012 (web da exposición) |
Máis de 300 obras para o que quere ser o
Museo de Galicia, máis de 75 investigadores, cinco Comisarios coordinados por
Miguel Fernández-Cid: Juan Ramón
Vidal Romaní, José Ignacio
Vilaseco Vázquez, Antonio
Rdguez. Colmenero, José Carlos
Valle Pérez e Ana
Goy Diz...,
moitas alforxas desta volta para a viaxe.
A ver onde foron os cartos que en detalle deberán de explicar (transporte, fotografía,...).
Mágoa que de seguro semellan un dispendio insoportable (con abusivos pagos a Comisarios e empresas de transporte e montaxe (que non custos...) con un éxito menor no artístico e con un éxito maior no escándalo económico e artístico... Adolfo de Abel porá sen dúbida a súa oportuna análise de cordura sobor delo. Ó tempo !
|
Son seis as pezas: 10 toneladas de desmesura (o que encaixa á perfección coa da 'Cidade') |
Máis de 90 'entidades' de Galicia, Asturias, León e tamén Portugal, xa que logo é da
Gallaecia do que se trata ! (ata os ríos Douro e Navia).
|
San Xoán de Palmou (Lalín), ca. 1150-1160: Sansón pelexa co león. Obra recuperada dunha galería de Milán... |
|
Un xesto que se comenta por si mesmo... |
No ronsel de
Gallaecia Fulgit, o nome
Gallaecia Pétrea. No ronsel das macroexposicións como
Galicia no Tempo.
O Dr.
Xosé Manuel García Iglesias, cadeirádego de arte moderno da USC, estivo detrás delas (no tempo do Presidente Manuel Fraga). Moitas das fotos do catálogo son de
Mani Moretón. Ámbolos dous están connosco no
Grupo Francisco de Moure...
No hay comentarios:
Publicar un comentario