martes, 3 de enero de 2012

A Lingua (galega) sabe a Pan (de Cea)

Un dos froitos do Ano 2011 dedicado a Álvaro Cunqueiro foi "A Lingua sabe a pan", unha aposta pedagóxica innovadora deseñada polos profesores do C.I.P. 'Virxe da Saleta', de Cea e que contou coa participación do alumnado que colaborou no 'Lipdub'.


Coñecín nestes días o traballo dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que o gravaron, misturaron e produciron en Vigo ("Estudios Muu!"). Está inspirado en 'Miña Terra Galega' de Siniestro Total, que o fixeran en 1984 (en "Menos mal que nos queda Portugal").

Quedou así dende aquela no imaxinario popular da Galicia 'da movida' dos primeiros tempos da Democracia o que non foi máis que unha versión aggiornatta (do ceo blue ó noso ceo gris) de 'Sweet Home Alabama' de Lynyrd Skynyrd.

Os fornos de Cea
A idea en Cea baseóuse na frase do mestre mindoniense 'Unha lingua é boa cando sabe a pan, a pan fresco que se mete na boca'.

Curro Claret, Dispensador de pan, 2008
Iste é o enlace onde a podedes desfrutar:
http://www.youtube.com/watch?v=LMI_naT2u4k

Qué rule !



                      A letra é así:

"Gústanos falar idiomas
inglés, francés e castelán,
pero temos lingua propia
ninguén o pode negar.

Amasada a modiño
dende hai moito tempo atrás
cocida a lume lento
lista para o teu padal.

Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan,
miña lingua galega
gústanos o teu falar.
Nos versos de Rosalía
nos piñeiros de Pondal,
no folk de Fuxan os Ventos
no rock bravú e máis no rap.
Escóitase pola radio
tamén na TVG,
pero bótase de menos
en moitos outros sitios máis.
Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan,
miña lingua galega
gústanos o teu falar.
Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan,
este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan".


No hay comentarios:

Publicar un comentario