Páginas

viernes, 15 de marzo de 2024

Manolo "Buciños", edificio Viacambre, Ourense, Galicia


              Relieves del pilar de entrada a las galerías del edificio
 


















martes, 12 de marzo de 2024

Los alegres interiores de Francesch en Ourense

 En el CCMV, esto es el Centro Cultural Marcos Valcárcel, Héctor Francesch presenta en la sala 1 sus interiores 





El artista (A Coruña, 1977) lleva en el arte veinticinco años con numerosas muestras, mas es ahora y aquí donde hace su primera gran exposición, que la sala tiene espacio dabondo, y trae una obra, con variaciones, más de sesenta.


El autodidacta y versátil Héctor, de raíces catalanas aunque A Coruña es su ciudad, como muestra su afirmación de que siendo adolescente ya se fijaba en la obra de Luís Seoane...

Salón a dos alturas



Se ha ido expresando en su caminar vital desde el diseño textil, a la serigrafía e ilustración, sobre todo, impartiendo además clases en la Fundación del Centro Internacional de la Estampa Contemporánea de Betanzos. En paralelo ha firmado el cartel de fiestas Mª Pita 2021 y hecho diversas exposiciones en Moret Art, galería con la que acude a la feria madrileña de Arte Contemporáneo, ARCO. 


También ha hecho destacados proyectos de efímeras instalaciones. 



Este de aquí es un trabajo muy de diseñador, consiguiendo con una paleta de colores planos, desde lápices de color y acrílicos, una iconografía de aire pop-naïf, simple y alegre, de formas recortadas. 

Son todos, dibujos lúdicos de entornos cotidianos, de interior, que quieren ser bodegones contemporáneos, desde un dominante carácter general de ilustración gráfica.


Fuera del marco de la pared, añade en el centro de la sala, sobre pedestales, pequeños formatos metálicos, estructuras planas de acero negro con corte laser, bidimensionales y pintadas, en un vistoso juego de instalación decorativo-escultórico en diálogo formal con las otras. 

Está comisariada por Matilde Rodríguez, quien le ayuda a desplegar en sala este reciente caminar creativo del último quinquenio.


sábado, 9 de marzo de 2024

A ponte vella e a cidade de Ourense, mediados do XIX - comezos do séculos XX.

Ponte nos arredores de OURENSE, sobre o Miño.

🎨 Edgar Thomas Ainger Wigram, 6º Barón de Wigram, 1864-1935. En "Northern Spain", escrito e ilustrado por este aristocrático e curioso acuarelista inglés, publicado en 1906. Fermoso ver aparecer as dúas señoras cos seus mandís polo carreiro fluvial do concello de Canedo. Á dereita da mirada, o de Ourense,
e agora neste de Francisco Cendón, cara o solpor e 1850, utilizado como cartaz da exposición "Cidades no Tempo: Ourense", que se inaugura en marzo. A ponte vella como definitoria do novo concello Ourense con Canedo, dende mediados do século XX.


Vista de Ourense deste mesmo artista:. A ponte é a das Burgas, na estrada decimonónica Villacastín-Vigo.


A cidade medrou cara o S. da catedral, e a máis moderna para o N. Enriba dela, nas abas de ontalegre o convento medieval de San Francisco.

miércoles, 6 de marzo de 2024

 





Claustro da hospedería, no antigo mosteiro de Montederramo, Ourense, época do Renacemento, século XVI. Nun antepeito do primeiro andar un significado e culto motivo, en orixe o emblema de Aldo Manuzio, gran tipógrafo florentino, quen o comezou a usar arredor do 1500, e que foi o selo distintivo das súas publicacións.



Simbolizaba a fusión da velocidade e a estabilidade, que reflectía a filosofía da súa arte. 
O lema "Festina lente", encapsula a esencia delo.

E Montederramo foi importante colexio para os monxes no tempo da Congregación Cisterciense de Castela.

As fotos do claustro son da autoría de Antón Rodicio, esta última de mañanciña...


Ms. medieval do mosteiro cisterciense no que se destaca por vez primeira a denominación de "Ribeira Sacra", tan utilizada hoxe en día... sendo "
o artífice da lectura e traducción erróneas de «rovoyra sacrata» («roble sagrado») por «Ribera Sagrada» o monxe benedictino frei Antonio de Yepes a comezos do século XVII na súa «Crónica General de la Orden de San Benito». Así é coñecido na historiografía científica dende fai anos.


Abrangue este espazo entre o río Sil e o Miño, segundo unha recente "Guía"...





martes, 5 de marzo de 2024

  DO ENTROIDO ENFEITIZADO DE MARÍA MAQUIEIRA AO DE CARLOS VELO 

Co gallo do Entroido, singularísimo tempo anual en Ourense, tan celebrado, a Fundación Carlos Velo conseguiu que a ilustradora coruñesa de Sada, María Maquieira (n. 1985) expuxera as ilustracións do libro “Entroido enfeitizado" na galería Visol. O título baséase nunha breve e significada narración alegórica do recoñecido cineasta nado en Cartelle quen, ao pouco tempo de fuxir da guerra e ditadura militar do xeneral Franco, pon en marcha dende o D.F. de México a revista “Saudade (Verba Galega nas Américas)” co Grupo do mesmo nome entre os que estaban Delgado Gurriarán e Illa Couto, cuxo primeiro número saíu simbolicamente no mes de Sant Iago de 1942, abrindo o texto de Velo o segundo número, en Nadal dese ano.

Maquieira, ante o traballo encargado pola mencionada fundación, ilumina coa súa linguaxe plástica o texto que se subdivide en trece breves cadros con numeración latina, das que saen dezaoito imaxes. Unhas son descritivas, caso do bodegón coa cachucha, xerra co viño e chourizos, ou as dúas da Santina, deitada no cadaleito. Outras son variacións do texto orixinal, caso dos bois coas estrelas na fronte que levan xugo e non mulida, e os gaiteiros de Valdariz, mozos barís, sen a compaña do tamboril de Rabal. 

Eles e as sete irmáns choradeiras, tan indispensables nos enterros doutrora, levan rostros moi semellantes, elas cun ar á propia María..., sendo as imaxes máis efectivas aquelas nas que a artista propón camiños plásticos dende a súa inspiración, como a virxe do Entroido de monxa e o Foleiro semiespido.

A Raíña Loba

A máis salientable é a da morte da Santa pola Raíña loba, obra como aqueloutra en perspectiva de sotto in su, que Maquieira licenciouse en Hª da arte entre a USC e a facultade de letras e filosofía de Perugia, cunha ampla estadía en Roma. 


Morre a Santa pola Raíña Loba 

Ela é o clímax do in crescendo que redacta Velo nunha secuencia extraordinaria na que xa se queimara o Meco e o sol morrera "nas ondas do mar hiperbóreo. O vento de Fisterra çenchese de escuridade mitolóxica", espazo no que sitúa a narración, facendo que trece mariñeiros se transformen en lobos, que pelexan cos Fenos, que non Felos, e a Santa cos brazos en cruz faille un desconxuro a Raíña loba, que se bota enriba dela e morre. Así " desfaise o feitizo da princesa Aldina, filla de El Rei de Galiza" apreixada na pelica de loba. E diante do carro da santa morta, "o vello Breogán coberto cunha coroza chea de vieiras camiña con pes nús camando aos bois", que Maquieira efixia cun magnífico rostro portando un facho entre bois e viste, sen máis, unhas vieiras. Todo elo no tempo das festas míticas do Entroido, co trasno e o foleiro, o Feno pescantín, o novo e o sacauntos, o Meco do viño, os vellos Chanqueiro e Liberata, dona Pingoleta e Don Vaselina.



Foleiro



Breogán

Eis unha exposición para o mes do enfeitizado ano bisesto, que nos fai coñecer esta artista da man da Fundación Carlos Velo, cunha proposta en prosa poética chegada do exilio galego, que se inicia co latín da misa de Requiem e remata co Dum Paterfamilias, concluíndo entre música de zanfona e cantos coa invocación “Isperta do teu sono Santiña! , Erguete e canta Rosalía!”. Marabilloso desempeño.