sábado, 12 de mayo de 2018

Xosé Poldras: Ver chegar aquilo que permanece




Eis a proposta de Xosé ‘Poldras’, artista grabador, Ver chegar aquilo que permanece’,  unha caída reflexión desde a Estética de la desaparición de Paul Virilio: ‘Su deseo de movimiento es sólo un deseo de inercia, el deseo de ver llegar aquello que permanece’, un pensamento que transformou en imaxes. 



'O mar non quiere metáforas', unha das obras. 


Con elo este destacado gravador da terras do sur leste da provincia, de Baronceli e do Bolo, con centros en Verín e Viana respectivamente, quere facer explícito un anceio: o da discreción, refugando á vocación de espectáculo de motos artistas e das súas propuestas plásticas, mais tamén doutros mundos da creación. E fuxe deste modus operandi, que refutan as súas obras. 


Verdades rente ao chan, 2012, 1/4.
Malia que podamos convir co gran poeta Machado, D. Antonio ‘Pero lo nuestro es pasar, pasar haciendo caminos’, na arte, como na vida, cada quen vai facendo o seu. Uns artistas apostan polo sólido, en ferro, bronce ou mármore, outros pola tea, cartón ou papel, e aínda outros pola fotografía, vídeo ou cine, poñamos por caso, mais o tempo, ese gran mestre, sinalará o devir no porvir sen poder nos albiscar a súa relevancia futura, ou ata cando...


'Árbore do tacto II".
Son estas trece composicións cos corpos nuns espazos amplos, nos que se respira tranquilidade, pois hai silenzo, dende unha constante procura estética.



Poldras traballa as obras co papel, sempre co papel. Un días despois dil, entrou na sala Penin, que tamén o utiliza para nas acuarelas e óleos, co cartón. Alén diso, este fai obras en bronce, e madeira.



Ámbolos dous están unidos como os actores Michelle Pfeiffer e Rutger Hauer en Ladyhawke de Richard Donner, ela de noite, el polo día, sen poder estar xuntos, xa que logo cando un estaba íase o outro. Así eles no Espacio de Arte RV, pois aquel concluía o seu tempo para deixarlle espazo a este. Mais dende fóra deste movemento do péndulo, e da súa secuencia temporal, as propostas seguen... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario