o artigo na web de La Región
ARTE ET ALIA
Nas dianas dun campo de tiro vense as sinais do tirador, a súa habilidade, o seu nivel de especialista. Así as de Jorge Encinas Arnau, como nos ten afeito dende antes dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, competición para a que fora preseleccionado.
A que escolle Iago Eireos para a portada do seu catálogo da exposición, ten puntuacións de nove a nove e medio, unha do grupo de fotogravados reelaborados dende a diana de papel, que este artista lucense presenta en Ourense no Centro cultural da Deputación. Elas falan do pulso, respiración e vista, e ademais e sobre todo dun control mental: son unhas pezas precisas que reflicten unha mente minuciosa e ordenada por tras. Son o 'Campo de provas' de Nación S.A, proxecto de amplo espectro que ten formato de autor, un ensaio de recapitulación do seu camiño andado, e as experiencias enxergadas na travesía.

Anda o artista nese punto vital de idade que ben a ser o da primeira madurez, logo de terse movido por diferentes espazos do noso Estado, Reino que ten percorrido, dende o seu espírito inquedo e a súa arte, polos Territorios de León e Valladolid, Alcalá de Henares, Móstoles e Madrid, Zaragoza, Murcia, o Mº Provincial de Lugo, cidade na que naceu vai para trinta e sete años. E nese tempo o Premio Art & Environement Montalbano (Italia), e diversas bulsas artísticas de residencia coas que foi por España, Portugal, Italia e Romanía, incluso. Foi On the road projet por Europa, co novelista Jack Kerouac na idea, e pasou logo á memoria da paisaxe engadida, unhas vivencias que enfían esta mostra. Logo de rematar a súa formación na Universidade de Vigo en 2008, completouna na EASD.RF con ciclos superiores de fotografía artística, gravado e estampación.
Con todo elo formula Eireos unha proposta de identidade individual para este mundo europeo supranacional. Seis Raíñas, en tinta e papel fotográfico, son a referencia figurativa de autoridade. Na parede de enfronte hai trinta e tres ‘sombras’ unha morea de acaídas siluetas: eles son a elite e o pobo, liñas e grisalla.
As Cartas sobre liño e as cartografías, ora en caixas retroiluminadas, ora nun políptico de papel sobre madeira, son imaxes abstractas que amosan un territorio por definir, mapas mentais do corazón para o home e para a muller dos nosos días. Xurde así o símbolo: cores sólidas de pintura esmaltada no xerador de bandeira, Standard-te, en fiestras corredizas de aluminio.
Os elementos da paisaxe, memoria colectiva do territorio, son a panoplia multidisciplinar de Eireos, para unha lectura transversal.
Os elementos da paisaxe, memoria colectiva do territorio, son a panoplia multidisciplinar de Eireos, para unha lectura transversal.
A paisaxe como interpretación do territorio vivido... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario