XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA
Na web de La Región
A Fundación Casares, coa axuda de institucións autonómicas e ourensáns, ben de inaugurar a exposición 'Os Mundos de Carlos Casares' na Sala José Ángel Valente, o principal espazo expositivo municipal. Trátase da mostra institucional co gallo do Ano que lle dedica a Real Academia Galega. Cando remate sairá da cidade onde naceu o escritor da Limia cara outras cidades galegas, para rematar en Xinzo, terra da familia, onde quedará no futuro.
A rechamante montaxe de Xoán Creus e Covadonga Carrasco, que tamén levan o deseño gráfico, ten peso de seu, un enxeño crebado con cubos abertos e unha estrutura de valado en C, con taboleiros asimétricos esparexidos nela con caligrafías e textos..., que arrodeamos para achegarmos e entrar no círculo aberto de CarlosCasares (CC).
A Carpintería Forma armou os case 900 barrotes de madeira branca, con un ar a eses palafitos que puideron existir na lagoa de Antela. Sobre eles vinte cinco maletas cheas de plumas, medallas, esculturas, cámaras fotográficas -Leica M3 e Minox algunhas delas-, trens en miniatura, discos de vinilo, o magnetófono, os cinco Premios da Crítica de Galicia,1980, 1999, 2002 (Galego egrexio) e os dous de 2003, in memoriam, esculturas de Manolo de Buciños, con nenos levantando libros, manuscritos varios, fotos e folletos...
Hai os artigos ‘Con esta lupa’ de La Región, en galego e con debuxos de Siro López de comezos dos anos setenta, está o seu carnet do ‘Diario de la mañana’, Cardenal Quiroga-11-y-15 de correspondente en Madrid nos inicios dos oitenta, e debaixo, un texto seu do ‘Club de los sin maleta’ con finos debuxos da súa man e persoeiros con maletas; e algúns dos ‘A marxe’, nun dos diarios de A Coruña que fai dende 1973, que cimentan a súa escrita e sona. Hai cartaces, como o dos Premios de la Crítica 1976 que gañou Carlos cando os ‘xoguetes’ aínda eran ‘pra un tempo pohibido’, e libros, moitos libros, todos os seus libros, en fermosas edicións de capas vellas e outras recentes, máis inferiores no deseño, todas elas da Editorial Galaxia, que foi o barco que o levou dende o comezo con ‘Vento ferido’, e a axuda imprescindible, necesaria e insubstituíble de Ramón Piñeiro.
Con íl, no asento do tándem, no principio detrás e logo xa diante, dende as ideas de Galicia con voz propia seguiuno ata o Parlamento Galego na primeira lexislatura, co PSOE como vehículo. Os comisarios Chus Martínez e Gustavo A. Garrido dividiron a súa vida en cinco fases, dende as Paisaxes, de infancia e adolescencia, as Luzadas, tempo na Universidade, compromiso político, docencia en Viana do Bolo e Bilbao, e primeiras publicacións; A viaxe, ou Kristina Berg (Karin Anna Kristina, 1948/2012) de Suecia, voda, fillos e fitos na literatura; e Conviña..., como comezaba os seus relatorios na andaina política, coa Lei de Normalización Lingüística; e finalmente no Redondel, a dirección de Galaxia e do Pen Clube de Galicia, a presidencia do Consello da Cultura Galega...
A proposta biográfica é densa de máis. Malia todo, boto a faltar, entre tanta cousa persoal miúda, a Harley Davidson na que levaba de paquete a Torrente Ballester...

No hay comentarios:
Publicar un comentario