domingo, 11 de diciembre de 2016

Mar Caldas





'Imaxes, xestos, voces' é a exposición que Mar Caldas trae á sala Alterarte, no Campus, na que reúne obras súas dende a segunda metade da década dos anos 90: a máis antiga é ‘Se voçe me abrir, nao esqueça de me fechar’, dos anos 1996-1997, dúas grandes imaxes fotográficas do seu corpo con maillot, aberto/pechado; 

Para empezar’, a vindicación de xénero dende a cabeleira de muller trasquilada e cos rizos para enviar polo mundo adiante por correo postal... e da serie ‘A entrega’ unha foto en gran tamaño dunha parella bicándose con paixón, que non positiva, e semella unha radiografía, obra que centra a mostra. 


Un video é ‘striptease literal’, de 2004, unha descripción dende un texto, a xeito de inventario-denuncia... A derradeira das obras é unha performance en video, ‘Fera engaiolada’, 2006/1016, unha muller que se move con xestos enérxicos sen conseguir erguerse. 




Eis toda ela unha visión práctica, e mesmo teórica da reivindicación feminista, feita con tons serios e graves, e tamén algo de ironía. O modo de proceder seu foi revisar proxectos anteriores e desenvolvelos para os tempos de hoxe, salientando ela que a meirande parte das obras "non foran expostas anteriormente ou só o fixeran dun xeito parcial e esbozado". 


Eis o feminino como discurso, nunha praxe feminista na que a mensaxe corpo / sexualidade, animalismo / machismo se presenta explícito. A profesora viguesa Mar Caldas leva anos inserida dentro do movemento de vindicación feminista, onde hai literatas e artistas, e ten feito outras exposicións caso de ‘Boas pezas’ de 2007 ou ‘Genealogías feministas en el arte español', 1960-2010, en 2012 no MUSAC, León.




O profesor Xosé Manuel Buxán, desta volta o curator dela, salientou que “nun momento tan terrible e estraño como o actual, máis que nunca volven a ser necesarias cousas esenciais como reivindicar a igualdade de xénero”. Como director de Alterarte, Buxán procurou unha vez máis que a exposición de novembro esté dentro do marco do Outono Fotográfico, como unha proposta máis das do Campus, malia integrarse no Plan xeral da Universidade ‘Estado Crítico 10 curadores dez artistas’.

No hay comentarios:

Publicar un comentario