No amplo soleado hall do Auditorio, pouco propicio poro exceso/carencia de luz que ten, a pintora Ehlaba Carballo, comisaría a mostra ‘A Musa da Paz’. con esculturas e pinturas de variados formatos, materiais e técnicas, que os artistas levaron, algúns deles na man, como o Prada, polas rúas de Ourense ata a singular sala dos pasos perdidos. Con este espíritu xuntou vintesete artistas, cadanseu con unha obra, agás alguns, aos que se engadiu o Cristo de Manzano, ubicado dende fai anos noutra estanza do edificio -con outra obra de Ignacio Vasallo-, no cuadríptico de man da mostra malia a negativa do vello artista de sumar unha obra específica: un elegante proceder da comisaria e da coordinadora dos espazos museísticos.
Con eles, a de Ruth N. Lodeiro ‘La paz de los ojos velados’, interesante peza escultórica de lixeiras láminas cerámicas onduladas a dúas cores, como as follas de patacas fritidas, corpo anélido regular con dúas de maior tamaño no centro, suxeitas todas por unha corda: símbolo e metáfora dos soños. Na de Irene Silva dúas mulleres enloitadas levan o pesado fardel da Paz entre cordas, e o Pombal-torre de Karballo, unha acaída construcción escultórica con craves dende a metonimia.
Xosé Rivada coa súa Menina... |
E ademais Ana Costas, Otero, Sara Bello, Sula Repani, Tatiana Lameiro, Xosé Rivada, aLeXandre, Yolanda Carbajales, Irene Lumbreras, Arantza Pardo, Beatriz Ansede, Loreto Blanco ou Tareixa Taboada e Moxom. Paga a pena velas, e tamén Antonio Souto, Ramón Conde, César Prada e Tony Ferrer, polo que aportan ao abano.
Aínda que para nós, con Lodeiro, é Galobalo de Fernando Barreira, un capón con espolóns nunha columna xónica, e as ‘Palabras precisas para prender un lume’ de Soledad Penalta as pezas sobranceiras. E cando o poder do amor supere o amor ao poder, que dixo Jimmy Hendrix....
No hay comentarios:
Publicar un comentario